Durante marzo os nenos e nenas de cuarto curso estiveron traballando a poesía: versos, estrofas,
tipos de rimas... Este curso apaixonáronse cos acrósticos inspirados nas estacións do ano e nos seus
nomes, compuxeron poemas sobre as emocións, e, inspirados polo libro de Antonio García Teijeiro
“Poemar o mar”, que leron coma itinerario lector, atrevéronse a facer as súas versións dun dos seus
poemas. Abaixo podedes ver algunhas mostras dos seus traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario