16/2/17

MIRA QUE PLANOS!

O alumnado de 6º traballou os diferentes tipos de planos da Banda Deseñada.
Primeiro buscaron en cómics que tiñan na clase, analizando planos en pequenas secuencias temporais e interpretando unha historia en viñetas pero sen texto, axudándose da forza da imaxe e dos distintos planos.
A continuación elixiron entre dous posibles puntos de arranque para a historia: Unha nena que cae nun burato profundo ou dous irmáns que tiñan prohibida a entrada a unha habitación concreta da casa.
Por último crearon a súa propia historia.
E aquí tedes algún exemplos do resultado:

No hay comentarios:

Publicar un comentario