O CEIP Seara creou unha instalación, polo día do autismo, que estará colocada a partires do luns día 31 nos xardíns do concello. O TEA é un aspecto da educación, no que o alumnado e o profesorado do CEIP Seara están fondamente implicados.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
30/3/25
29/3/25
VISITA A GRANXA DE SERANTELLOS
Primeira visita, deste curso, a fermosa granxa de Serantellos.O alumnado de primeiro ciclo de Educación Primaria gozou e aprendeu moitisimo.Dentro dunhos días será o momento de Educación Infantil.
27/3/25
CARTAS DENDE A RÍA. POSTALES DE ENTROIDO
Na nosa colaboración co CEIP Virxen do Carmen de Sober (Lugo), o alumnado enviou unha postal-foto de cada curso cos seus disfraces de entroido.
25/3/25
A GALIÑA DE MOS: OVOS EN SEGUNDO
Ao longo deste mes, o alumnado de 2º de Educación Primaria aprendeu moitas curiosidades sobre os ovos, os pitos e a raza da galiña de Mos. Tiveron na súa aula unha incubadora con ovos, e despois de agardar con moita paciencia... naceron os pitiños e con eles chegou a primavera.
Grazas a Diego e a AVIMO, Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, pola súa labor dedicada ao ensino, divulgación e conservación de razas autóctonas galegas.
22/3/25
VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS
O alumnado de 5º de educación primaria profundizou no libro de Rosa Aneiros "Faisca, a nena neandertal", obra que forma parte do seu itinerario lector para este curso 24-25. Tamén exhibiron na biblioteca os seus traballos plásticos, inspirados polo libro. Una maneira fermosa e estimulante de facer animación a lectura.
21/3/25
DÍA DA POESÍA: OSO MIMOSO
A rapazada de 2º curso cóntanos o conto poemado "Oso mimoso" de Bernardino Graña.
DÍA DA POESÍA: RATA LINDA DE COMPOSTELA
O alumnado de 1º de Primaria fixo un precioso teatriño a partir do libro "Rata Linda de Compostela" homenaxeando a Bernardino Graña.
DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO
O alumnado de 6º EI creou e recitou pareados inspirados pola lectura do libro "Si yo fuera un león" de Isabel Pin.
19/3/25
OBRADOIRO DE MARIONETAS CON EDUCACIÓN INFANTIL
Obradoiro de marionetas na Biblioteca co alumnado de Educación Infantil, que ben o pasamos!
MEL DE GALICIA
A rapazada de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivo a sorte de participar na campaña "O doce mundo Do Mel de Galicia". Beatriz Ríos Cebreiro, unha científica que traballa no Consello Regulador, mostrounos o proceso de obtención do mel e os materiais que utilizan os apicultores. Ademais agasallou a cada neno/a cun tarriño de mel.
18/3/25
17/3/25
ST. PATRICK'S DAY
15/3/25
ANTONIO MANUEL FRAGA
O alumnado de cuarto de educación primaria tivo a sorte de coñecer, charlar e profundizar na novela
"Papá caníbal", un dos itinerarios lectores deste curso, co seu autor Antonio Manuel Fraga.
13/3/25
IRIA MISA CO ALUMNADO DE 6º CURSO
Iria Misa visitou a biblioteca e charlou co alumnado de sexto de educación primaria sobre o seu libro "A cidade do átomo" que forma parte dos itinerarios lectores deste curso 2024-2025.
12/3/25
11/3/25
8M CEIP SEARA
10/3/25
9/3/25
8/3/25
7/3/25
OBRADOIRO DE CREATIVIDADE NA AULA
O alumnado de 2º e 4º curso de primaria gozou dun Obradoiro de Creatividade na aula con Laura Campos Suárez.