O 20 de febreiro os nenos e nenas de 2º realizaron unha saída ao monte para plantar árbores con motivo da celebración do Día da Árbore. A actividade foi nos montes da Comunidade de Montes de Moaña, na zona de Santo Tomé, limitando co concello de Marín. Organizou o Concello e alí xuntáronse co resto do alumnado de 2º de Primaria de todos os colexios de Moaña. Ademais gozaron da divertida actuación de Brais das Hortas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario