Profundizamos na vida e a obra de Rosalía de diferentes formas :
LENDO:
XOGANDO:
ESCRIBINDO:
O profesorado de Educación Infantil representou a vida de Rosalia. Os nenos non perderon detalle, pasáronno moi ben e sobre todo aprenderon moito.
O alumnado de cuarto coida durante 21 días a súa palabra preferida en galego. Juan explícanos como o fixeron pinchando na primeira foto.
Entroido en marcha:
Rematado este obradoiro de bonecas de trapo que tanto gozamos o alumnado, as familias e tamén as mestras. Moitas grazas ás familias que viñeron axudarnos, sen vos non sería posible.
Nestes 21 Días en Galego o alumnado de 2º traballou o poema que Valentín Lamas Carvajal publicou en 1876 no xornal "O tío Marcos da Portela", unha publicación escrita en lingua galega dirixida especialmente aos campesiños e xente do pobo.
Un grupo de rapazas e rapazas do instituto viñeron a Seara para facer uns espectaculares contacontos para os nenos e nenas de Infantil, primeiro e segundo de Primaria. Algúns foron alumnos do noso cole, foi un pracer velos e escoitalos a tod@s!
Visitounos a gran Eva Mejuto. Os seus contos son moi queridos polo noso alumnado, levánnos acompañando ao longo de moitos cursos. Grazas polo teu tempo e cariño.
A rapazada de infantil gozou coa narración en inglés da historia "Unha Eiruga moi Larpeira". Contada por Bruno, o noso encantador auxiliar de conversa.