Nestes días de Samaín os obradoiros deron moito xogo: obradoiro de luz negra, a nosa amiga a escuridade, creación de contos de medo e horribeis historias de sombras, pintura de caras, contos de luces e sombras, mesas sensoriais e de xogos de mesa. Lectura e interpretación de contos terroríficos e divertidos, gravacións na radio, exposición de cabazas... E cando por fin chegou o día disfrazámonos, fomos pedir o migallo e recibimos o agasallo correspondente, escoitamos historias de medo, librámonos dos medos na "cabaza come medos" e ao rematamos... como non! Cunha merenda chea de alimentos horripilantes e deliciosos.
O Samaín en Seara cada ano máis terrorífico!
No hay comentarios:
Publicar un comentario