16/6/23

VISITA NAI DE MARNIE

Hoxe o alumnado de 2º curso recibiu a visita de Jessica, a nai de Marnie, que é deseñadora gráfica e veu a falar do seu traballo nunha axencia publicitaria a través de tres espectaculares campañas feitas por ela. Contoulles moitas cousas, unha das máis importantes de onde sae a súa inspiración. A inspiración, dixo, está en todas partes.

No primeiro proxecto inspirouse no libro "Onde viven os monstros" para realizar a campaña dunha compañía de seguros polo seu décimo aniversario.

Para outro dos seus traballos, un calendario para unha importante compañía relacionada coa pesca, inspirouse nos collages de Mary de Lirios, e acompañou cada mes dun consello para coidar os mares e océanos.


A inspiración para a campaña do Festival Terraceo de Vigo sacouna de un xogo de mesa relacionado con robots.


Por último insinoulles algunhas dos seus centos de libretas que a acompañan sempre e nas que anota de todo, e preparou un obradoiro para ensinarlles a facer as súas propias libretas con papel reutilizado.



Aquí tedes o resultado final:

No hay comentarios:

Publicar un comentario