26/5/23

QUINTO CONTA

Tódolos anos adicamos o mes de abril aos libros e o mes de maio ás letras galegas. Este ano @s alumn@s de 5º de E.P. preparáronse como contador@s e fixeron numerosas narracións para festexar o Día do Libro e facer tributo ao noso idioma no mes das Letras Galegas. Este alumnado non soamente foi contando os contos polos diferentes cursos do centro, se non que tamén estiveron formando ao alumnado de 3º EP e expoñendo a súa experiencia como narrador@s de historias.
Dende aquí dámoslles a noraboa polo seu esforzo e as felicitacións por implicarse tanto neste proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario