17/4/23

OBRADOIRO DE ACOSO ESCOLAR EN CUARTO

Os pasados 12, 13 e 14 de abril viñeron ao noso colexio os psicólogos Juanma e Noemí para
falarnos do acoso escolar.
Con eles tratamos o tema do acoso e representamos situacións con Legos.
Na primeira parte do obradoiro explicábannos como actuaba o acosador, a vítima, o observador
e a persoa que tiña medo e que non quería estar no grupo do acosador. Na segunda parte
dábannos uns papeis e tiñamos que escribir se algunha vez viramos unha situación de bullying
ou se nos fixeran a nós algunha falta de respecto. Para rematar
tiñamos que recrear unha situación dese tipo cos Legos. Despois xuntabamos todas as
creacións para ver os resultados.
Aprendemos moitas cousas da persoa acosadora e da vítima. Unha vez tamén fixemos unha
escea na que o acosador era o protagonista. Apuntabamos as ideas cada día na lousa da clase
e sempre nos recordaban que o máis importante é ter empatía. Pasámolo xenial e
aprendemos cousas novas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario