25/1/21

Comeza a campaña Moaña: 21 días en galego

 Hoxe arranca por terceiro ano consecutivo a campaña Moaña: 21 días en galego na que participan todos os centros de ensino moañeses en colaboración co Concello.


Na semana previa, cada centro de ensino envioulles ás familias unha carta informativa sobre a campaña buscando a súa implicación. 



O desenvolvemento da campaña é diferente segundo a idade do alumnado:

  • Nas idades máis temperás (alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria) non se busca o compromiso explícito do alumnado no uso da lingua. Os centros de ensino desenvolverán actividades para todo o grupo como empezar cada día cunha palabra en galego seguindo a orde do abecedario ou aprender cada día unha canción.
  • Para o alumnado maior (desde 3º de primaria ata 6º) a campaña só se desenvolve con aquelas persoas que voluntarimente adquiren o compromiso de manterse en galego as 24h do día durante os 21 días. Estas persoas levarán unha insignia identificativa, e participarán en diversas actividades. Quen acade o reto de manter a lingua 21 días levará un premio que non se desvelará ata os últimos días da campaña.

Durante estes 21 días, o Concello de Moaña programa actividades que se desenvolverán nos sete CEIP moañeses:

– Para 5º de primaria: obradoiros de poesía improvisada dan man de dous coñecidos regueifeiros, Luís o Caruncho e Pinto de Herbón. A actividade rematará cun Certame virtual moañés de poesía improvisada no que competirán vídeos de todos os colexios na TV Caranvexo.

– Para 6º de primaria: obradorios O mundo de Inho nos que o monitorado da AGAL (Associaçom Galega da Língua) amosará ao alumnado as diferentes chaves culturais do mundo lusófono, ensinándolles a ler textos escritos en portugués a través do coñecemento do galego



No hay comentarios:

Publicar un comentario