6/5/19

SERPES DE CORES E ESCORNABOTS

Esta actividade realizou a profe Luisa na aula de 3, 4 e 5 anos, en diferentes formas de xogo grupal co seguinte material: 
1- Serpe curta: composta pola saída (cola) e 6 cadrados, cada un dunha cor. Esta serpe ten un punto de movemento no medio.
2- Serpe longa: composta pola saída (cola) e 12 cadrados, con seis cores repetidas. Esta serpe ten tres puntos de movemento ao longo dela.
3- Dado: de seis cores, un en cada cara, as mesmas que a serpe.
Hai diferentes modalidades de xogo, empezando na aula de tres anos coa serpe curta, e na aula de cinco anos coa longa. Do máis fácil ao máis difícil, as actividades que fixeron son:
  1. Serpe curta recta, por grupos de nenos. En cada quenda, o neno que lle toque tira o dado. O Escornabot sae dende a cola e ten que avanzar ata a cor que lle saíu.
  2. Serpe curta dobrada. En cada grupo de nenos, ó que lle toque tira o dado e avanza dende a cola ata a cor que lle saíu. Pode xirar na esquina se a cor que lle tocou está posterior á esquina.
  3. Serpe longa recta. En cada grupo, o neno que lle toque tira o dado e avanza ata a cor que saíu. O seguinte neno tira o dado e empeza dende onde quedou o Escornabot da quenda anterior. Deste xeito, pode avanzar cara adiante ou cara atrás.
  4. Serpe longa facendo un cadrado (a punta da cola está tapada pola cabeza). En cada grupo de nenos, o que lle toque tira o dado e avanza dende un cadrado calquera ata a cor que lle saíu no dado. Nesta serpe van avanzando e teñen que xirar nas esquinas.
  5. Serpe longa non recta. En cada grupo, o escornabot comeza na cola e vai avanzando ata a cor que saíu. Como a serpe non é recta, cando o neno que lle toque chega a unha esquina, ten que xirar nesa esquina. O neno que lle toque a quenda, pode colocar a serpe como queira.
  6. Serpe moi moi longa, é dicir, pegamos moitas serpes unha a continuación da seguinte para crear unha única serpe en forma de cadrado ou rectangular xigante. Colócanse tres ou catro escornaots ao longo da serpe e, por quendas, tiran o dado e avanzan ata chegar a cor que lles tocou. O divertido é que algúns dos escornabots chegan a atoparse con outro, se enfrontan e os nenos teñen que salvar a situación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario