27/4/19

OS ALUMNOS DE 5º CURSO APRENDEN A TRABALLAR COA RADIO

Chegou por fin a xornada de formación en radio para o alumnado con Javier Prado de Radio Espora. Os elixidos foron os alumnos/as de 5º curso, pero sempre coa idea de “formación en cascada”, para que sexan eles os que formen despois aos seus compañeiros máis pequenos. Coa guía de Javier o alumnado de 5º gravou varios programas distintos: o conto “A que sabe a lúa?”, dous programas falando do concello de Moaña e do noso colexio, e outros dous “Agora leo” e “Tardes entre libros” onde recomendan e dan opinións de libros. Podedes escoitalos máis abaixo:









No hay comentarios:

Publicar un comentario