25/2/16

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía no CEIP Seara. Fixemos unha sesión de poesía adicada a esta poetisa. E como este ano estamos moi musicais co noso proxecto "Sons de Galiza", despois dos recitados escoitamos unha das versións cantadas de eses poemas. O resultado parece que foi do gusto do alumnado participante.
Tamén neste día se realizaron postais conmemorativas deste día, para levar as nosas casas e recordar a figura de Rosalía de Castro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario