O alumnado do CEIP Seara expresou este 30 de xaneiro alto e claro o seu compromiso coa PAZ e o reixatemento á GUERRA cunhas fermosas palabras. Tamén cantaron o poema "No niño novo do vento" de Alvaro Cunqueiro, destacando a importancia da amizade entre as persoas e os pobos.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
31/1/25
22/1/25
OBRADOIRO DE BONECAS E BONECOS DE TELA NA BIBLIOTECA
21/1/25
INVESTIGAMOS E XOGAMOS ÁS BÓLAS
O alumnado de segundo de primaria investigou as diferentes maneiras de xogar ás bólas e o alumnado de cuarto puxo en práctica as súas instruccións.
19/1/25
BERNARDINO GRAÑA
Onte faleceu en Nigrán Bernardino Graña, o poeta do mar do Morrazo. Sempre formará parte do CEIP Seara, dende hai moitos anos unha das aulas leva o seu nome. O curso pasado o alumnado de terceiro de Educación primaria gravou na radio o poema " Oda ós mariñeiros de Cangas" repetimos a gravación como recordo.
18/1/25
17/1/25
FORMACIÓN CON RADIO ESPORA EN QUINTO CURSO
Como sabedes facer un programa de radio non é so aprender como se grava. Co fin de mellorar a realización dos programas de radio que facemos, recibimos a formación de Radioespora sobre como preparar o programa, tema, locutores, as cortinillas... e o máis importante: o guión. Velaquí os resultados dos programas que fixemos por grupos.
16/1/25
FORMACIÓN CON RADIO ESPORA EN CUARTO CURSO
A rapazada de 4º curso realizou un obradoiro con Denis, formador de Radio Espora. Grabaron uns programiñas e agora xa saben como funciona Radio Seara. e poden grabar eles mesmos. Aquí tedes unhas fotos e abaixo podedes escoitar os programas que grabaron.
10/1/25
9/1/25
CHAPAS CONMEMORATIVAS PARA O MERCADILLO A FAVOR DO COLE DE PAIPORTA
Xa están en marcha as chapas que Searín propuso como agasallo e lembranza para tod@s os que colaboren co mercadillo a favor do Ceip Rosa Serrano de Paiporta.