24/12/25

FELIZ NADAL A TOD@S!!!

 

Podedes ver os vídeos das actuacións do noso festival de Nadal:







15/12/25

O NADAL NA GALICIA MÁXICA

O alumnado de 5º curso de Primaria preparou este podcast sobre as figuras máxicas de Nadal e as tradicións destas datas en Galicia.

5/12/25

MES DA CIENCIA: EXPERIMENTOS NAS AULAS

Durante este mes de novembro, como podedes ver no video inferior, os experimentos inundaron as aulas.

26/11/25

25 DE NOVEMBRO EN SEARA

 Deixámosvos aquí algunhas fotiños da instalación e do acto co que no Ceip Seara dixemos NON á violencia de xénero. Ademais podedes ver o vídeo que preparou a rapazada de Infantil para esta data e escoitar o manifesto que escribiu o alumnado de 5º curso.



22/11/25

VISITA FUNDACIÓN MENIÑOS

 A rapazada de 5 anos e 1º de primaria realizou un obradoiro coa Fundación Meniños no que traballaron as emocións.

15/11/25

RETOS DO MES DA CIENCIA EN GALEGO: DETECTIVES STEM

 Xa andan moitos detectives pola biblioteca investigando para poder unir os nomes de científicas e científicos galegos do panel (Ángel Carracedo, Rita Fernández Queimadelos, Ángeles Alvariño, Domingo Fontán e Begoña Vila)  coa imaxe que se corresponde coa súa profesión steam, e tamén para poder descubrir os seus logros.

13/11/25

PLAN DIRECTOR EN SEARA

 Dentro do Plan Director para a mellora da convivencia e seguridade dentro dos centros educativos o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu formación sobre Acoso e Ciberacoso, e Delitos de Odio.

8/11/25

XA TEMOS GAÑADOR DO XOGO DE PISTAS!

 Na hora do recreo fixemos o sorteo entre todos os acertantes do xogo de pistas sobre os Seres Máxicos de Galicia que fixemos no mes de outubro. 

O gañador foi Camilo, de 1º curso de primaria. Dúas das axudantes foron as encargadas de entregarlle o agasallo.

4/11/25

NO SAMAÍN PEDIMOS O MIGALLO

 Abaixo tedes algúns migallos cos que o alumnado pediu o seu agasallo nas aulas que lles corresponderon.


3/11/25

SAMAÍN EN SEARA

Un ano máis vivimos ao grande o Samaín en Seara: obradoiros de luz negra, adornos nas clases e corredores, manualidades para facer os agasallos do Migallo, obradorios sensoriais, exposición de cabazas na entrada do cole, contos de medo, composición e petición do Migallo polas aulas, gravación de programas de radio, cine, merendas terroríficas... Todo sen esquecer as nosas tradiccións e os seres máxicos desta época.


28/10/25

SAÍDA Á GRANXA CORAZÓN DE CARBALLO

Os nenos e nenas de 4º e 5º curso de primaria visitaron a granxa "Corazón de Carballo" onde gozou dunha xornada de convivencia en contacto coa natureza.

 

24/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: "CITA A CEGAS CUN LIBRO"

No día das Bibliotecas había un libro agardando por cada un dos alumnos e alumnas do cole, unha "cita a cegas", un libro sorpresa co que descubrir novos mundos e vivir grandes aventuras.


23/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS: CARTEL E CÓDIGOS QR

No Día das Bibliotecas invitámosvos a ver os dous vídeos aos que enlazan os códigos QR: "Érase una vez... las bibliotecas" e "Ler transpórtate".


    

22/10/25

ARTELLANDO

O alumnado de primaria visitou a "Artellando 2025", unha exposición colectiva de artistas do Morrazo.  Os nenos e nenas non so disfrutaron e atenderon ás explicacións do guía de excepción, Luis das Nacidas, se non que tamén colleron ideas para, xa na aula, realizar reinterpretacións das obras observadas.


15/10/25

6º CHEGOU A SANTIAGO!

O alumnado de 6º realizou un tramo do Camiño de Santiago. En barco ata Vigo, en tren ata Padrón, e en dous días camiñaron de Padrón a Santiago. Unha experiencia inesquecible!

12/10/25

FOTOS DO PROXECTO GALICIA MÁXICA

Grazas a colaboración das familias enchemos as escaleiras das fotos dos nosos alumnos no seu lugar favorito e máxico de Galicia.






10/10/25

SEXTO PREPARA O CAMIÑO DE SANTIAGO

 O alumnado de sexto estivo estes días preparando a súa saída dende o Ceip Seara ata Santiago de Compostela. Aquí tedes o tríptico que elaboraron sobre a viaxe e a compostela que van recibir se rematan este treito do Camiño.

     



4/10/25

A LENDA DA LAGOA DA SERPE

O alumnado de 5º de Primaria fixo un traballo sobre a "Lenda da Lagoa da Serpe", dita lagoa está nos montes de Trevinca e, desgraciadamente,  chegamos a coñecela a través das novas publicadas nos medios de comunicación sobre os incendios que este pasado verán asolaron Galicia.


3/10/25

AS MEIGAS E O CACHO

Contan que o cacho, unha especie de auga máxica, que se fai na noite de San Xoan e co que lavamos a cara ese día, ten un poder sanador e protector  e que, ademais, espanta ás meigas. Son moitas as herbas que pode levar o cacho, hai, polo menos, sete fundamentais, pero nalgúns lugares bótanlle máis de vinte.

Mael e Oliver, alumnos de terceiro, mostraron polas aulas o cacho que Mael preparou na casa coa súa familia. Cantas cousas interesantes aprendemos e como arrecendía o cacho!



2/10/25

PREPARANDO O TORNEO DE XADREZ

Durante os recreos na Biblioteca son moitos os nenos e nenas que aproveitan para xogar ao xadrez, e agora están aínda máis motivados pensando no próximo torneo de xadrez

Pero o máis importante é que, neste tempo, varios alumnos e alumnas de sexto están ensinando aos máis pequenos os rudimentos do xadrez. Son moi bos maestros, porque os peques aprenden moi rápido.

1/10/25

JANE GOODALL

 Nun día coma hoxe, no que morreu Jane Goodall, non podemos deixar de falar nas aulas de quen foi esta muller, da labor que levou a cabo ao longo da súa vida e do legado que nos deixa a toda a humanidade. Moitas grazas, Jane!

TORNEO DE XADREZ DE APERTURA DE CURSO


XOGOS DE PISTAS NA BIBLIOTECA

Empezamos outubro cun xogo de pistas na Biblioteca, está relacionado co noso proxecto: Galicia Máxica; e está adaptado ás distintas idades. Toda a información que necesitades para resolver as pistas está na biblioteca, ánimo coa investigación! Sortearemos un agasallo entre aqueles que acerten.



18/9/25

ACUDIMOS AO FIC BUEU!

 Nesta ocasión foron os alumnos de 5º e 6º os que asistiron ao MINI-FIC o programa do FIC (Festival Internacional de Curtas de Bueu) adicado ao público infantil e xuvenil.




15/9/25

PRIMEIROS RECREOS NA BIBLIOTECA

Como había tantas ganas de que funcionara a biblioteca nos recreos houbo rapidamente que ultimar detalles e abrir as portas de par en par.