22/12/24

Cantos de Reis para os usuarios de AFAMO.

 

21/12/24

POSTAIS DENDE A RÍA

 Felicitamos polo  Nadal ao alumnado do  CEIP Virxe do Carme de Sober (Lugo).


20/12/24

CAMPIÓNS DO TORNEO DE NADAL

 Queremos darlle moitos parabéns ao campión do Torneo De Xadrez de Nadal, Alonso; ao finalista, Brais; e aos dous semifinalistas Darío e Iago. Tamén queremos felicitar a todos e todas as participantes, a vosa actitude e comportamento foi exemplar e de sincero compañerismo. Estamos moi orgullosos do alumnado que temos en Seara. Sodes fantásticos!


18/12/24

XOGOS DE MESA RECOMENDADOS

Este Nadal para facer unha boa recomendación de xogos , cos que agasallar a todos , nenos e adultos recurrimos a inestimable axuda do profesor Juan Carlos Ruiz, coñecido en redes sociais como @profejugon, experto na aprendizaxe baseada no xogo e creador de moitos xogos de mesa. Esperamos que estas ideas vos axuden coas peticións de nadal.

17/12/24

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL

 Un ano máis presentámosvos as guías de lectura realizadas pola Coordinadora dos equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo. Ollo! Que cada unha ten dúas páxinas!


16/12/24

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

Todas as entradas do colexio están decoradas de Nadal e incluso hai unha árbores con adornos relacionados co proxecto anual. Un curso máis temos que agradecer a todas as familias esta espectacular decoración navideña. Incluso a aproveitamos para facer uns pasatempos. 


15/12/24

TRIMESTRE DE XOGOS EN SEGUNDO

Moitos foron os xogos cos que este trimestre conviviron e xogaron na clase de segundo. Aquí tedes un resumo:





14/12/24

OBRADOIRO 3D DE PREMIOS DE XADREZ

 O alumnado de 5º imprimiu coa axuda do profe Iago os premios para todos os participantes do torneo de xadrez.


TORNEO DE NADAL


 Ao longo deste mes de decembro oa rapazada de 5º organizou un torneo de xadrez no que puideron  participar nenos e nenas de toda primaria. Foi todo un éxito!









6/12/24

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

No CEIP Seara este mes da ciencia nos adicamos a ampliar coñecementos curriculares relacionados con diferentes areas científicas, como a astronomía, botánica e o corpo humano. Profundizamos, en relación co PDI, no  Xadrez, que está considerado como o deporte ciencia. Este xogo estratéxico foi obxecto de estudo e análise por parte de expertos en diversas áreas científicas,  que descubriron  que o xadrez e a ciencia están estreitamente relacionados con ámbitos científicos como a intelixencia artificial, as matemáticas, a neurociencia e a psicoloxía cognitiva.

5/12/24

3 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Este ano adícamos o día ás persoas con discapacidade visual. Ademais de traballar con curtas como
"Pip can guía"co alumnado máis pequeno, os nenos e nenas de primaria empregaron o sistema de lectura e escritura Braille.


3/12/24

OLALLA, CONTOS CON OBXECTOS

 Algunha vez se che pasou pola cabeza que tiñas obxectos na túa casa, na túa aula...cos que poderías acompañar ou crear marabillosas historias? 

A Olalla si, e ensinounos a facelo!