15/6/24

A GAIVOTA GOURMET

 Con este vídeo do conto "A gaivota gourmet"  recordamos  a O HEMATOCRÍTICO, que nesta historia retrata ás gaivotas que cada día, despois do recreo, veñen comer ao CEIP Seara. E tamén queremos decirlle a todas as Moris que volvemos en setembro, e que aproveiten o verán para ir á praia. 

13/6/24

PRIMEIRO APRENDE GALEGO CON DIGOCHIÑO

Os nenos e nenas de primeiro gravaron dous programas con Digochiño, un raposo moi curioso, que vive en galego. 

Nos videos inferiores, ademais de cantar e bailar a canción de Digochiño, ensínannos palabras do mar e animais da ría de Vigo.



CONVIVENCIA CO ALUMNADO DO CEIP VIRXE DO CARME, SOBER-LUGO

10/6/24

ANIMAIS DA RÍA DE VIGO

 A cativada de 1º curso aprendeu sobre os animais da Ría de Vigo con videos e coas fichas que vedes abaixo. Ademais  resumiu as súas aprendizaxes nun lapbook ou caderno desplegable.





           

          

7/6/24

VISITA DO CORO DO CEIP SANTA MARIÑA

Gozamos e cantamos cos alumnos do coro do CEIP Santa Mariña. Grazas