Un ano máis facémosvos chegar as recomendacións lectoras que realizan os equipos de Dinamización Lingüística da contorna. Hai moitos libros interesantes para engadir á vosa lista de desexos de Nadal. Tomade nota!
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
20/12/22
GUÍAS DE LECTURA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO MORRAZO
19/12/22
9/12/22
5/12/22
4/12/22
1/12/22
30/11/22
25/11/22
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un ano máis debemos falar de igualdade e violencia de xénero con motivo do 25 de novembro. Abaixo tedes unha mostra dalgunhas das actividades realizadas, gustaríanos destacar a proposta que fixemos dende a Biblioteca para que en Primaria se traballase o tema a partir do libro "As mulleres que cultivaban néboas" de Bea Gregores.
22/11/22
20 ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE
Este novembro cúmprense 20 anos do desastre do Prestige, que provocou a peor catástrofe ecolóxica da historia de España: unha marea negra que afectou especialmente á costa galega.
14/11/22
MAGOSTO EN SEARA
Xogos populares e castañas polo San Martiño! Que ben o pasamos! E que ricas estaban!
9/11/22
BOMBEIROS FORESTAIS EN SEARA
7/11/22
UNHA CHEA DE EMOCIÓNS MONSTRUOSAS!
Aproveitando que o Samaín dedicámolo aos monstros, chegaron a clase unha chea deles. Xogamos e clasificámolos, xa que había monstros tristes, alegres, enfadados e ata algún namorado.
6/11/22
O BERRO: ARTE E EMOCIÓN
No proxecto de Expresarte non podiamos deixar de falar de "O berro" de Munch, un cadro onde se mesturan claramente as emocións e o arte. Polo Samaín todo o alumnado posou no photocall que fixemos para a entrada do colexio.
3/11/22
SAMAÍN EN SEARA
Neste Samaín ademais de cabazas espectaculares e disfraces terroríficos houbo obradoiros de monstros para decorar os corredores, cancións monstruosas (que podedes ver no segundo video), recreacións de O Berro de Munch, monstros de Borktus Leer feitos polos máis pequenos e contacontos de profesores e de alumnos (estes últimos escribiron os seus propios Contos de Medo).
E como non nos gusta nada ter medos, desfixemos deles na SuperCabaza de Seara.
1/11/22
30/10/22
FOTOS DE OUTONO
Preciosas as fotos de outono que fixestes! Noraboa!
28/10/22
26/10/22
LIBROS SOLIDARIOS
Decidimos celebrar o Mercadillo de Libros Solidarios o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. Foi todo un éxito e ata a prensa se fixo eco desta iniciativa.
Moitas grazas a todos pola cosa colaboración!
21/10/22
VISITA PROTECTORA DO MORRAZO
20/10/22
RADIOEMOCIÓN EN 4º
EMOCIÓNATE COA RADIO é unha proposta cultural e educativa que nace no 90 aniversario da primeira emisión da radio en Galicia. O proxecto leva ás escolas un programa de radio profesional, e conta coa participación de máis de 30 centros de educación pública.
En Seara foi o alumnado de cuarto o encargado de realizar o programa onde participaron entre outros a alcaldesa Ledicia Santos e o gaiteiro Xosé Manuel Budiño. Pinchando na foto ou no enlace podedes ir á páxina de Radio Emoción e escoitar o programa. Abaixo tedes tamén unhas fotiños e videos do proceso de gravación.
19/10/22
17/10/22
ECO-RETO DO TRIMESTRE
Este trimestre encargarémonos por cursos de descubrir, coidar e coñecer diferentes plantas de interior.
16/10/22
15/10/22
CONTOS E EMOCIÓNS: GARAVANCIÑO
En segundo están traballando as emocións a través dos contos. Con Garavanciño déronse conta do importante que é coñecerse e confiar nun mesmo.
12/10/22
11/10/22
SORRISOS EN INFANTIL
10/10/22
O MEU SORRISO FAVORITO
Despois da visita de Luz Beloso, ilustradora de "O poder máxico do sorriso" escrito por Thalía Troitiño González, as nenas e nenos de 2º curso animáronse a escribir sobre o seu sorriso favorito e contárnolo en Radio Seara.
9/10/22
CADEA DE RETRATOS CON SORRISOS
As nenas e nenos do primeiro e segundo expuxeron no corredor do primeiro andar os RETRATOS CON SORRISOS que fixeron no obradoiro de LUZ BELOSO.
7/10/22
Feliz día do SORRISO :)
6/10/22
OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN CON LUZ BELOSO
Con motivo do Día do Sorriso tivemos a sorte de contar coa visita da profesora e ilustradora Luz Beloso. Son moitos os libros ilustrados por ela que temos na biblioteca, e o último, "O poder máxico do sorriso" de Talía Troitiño González, lémolo en todas as aulas e encantounos.
Así que convencemos a Luz para que viñese falarnos do seu traballo neste libro, e ela fixo dous obradoiros fascinantes de ilustración: un para a rapazada de 1º e 2º de primaria, e outro para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Moitas grazas, Luz, polo teu marabilloso traballo e polo teu tempo!
4/10/22
PREPARANDO O CAMIÑO
Os nenos e nenas de sexto van facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago, polo que están informándose, preparándose e aprendendo. Ademais dun mural prepararon un folleto explicativo, unha credencial do peregrino e unha compostela.
1/10/22
Reto EXPRESARTE de outubro - Fotografía
Podes traer a foto ao cole impresa ou enviala por correo. Faremos unha exposición con todas as fotografías!
30/9/22
24/9/22
23/9/22
SEGUNDO ACUDE AO FIC BUEU
Aquí tedes unha pequena presentación sobre as emocións que as pelis lles xeneraron e dúas fotiños dese día.
19/9/22
O NOSO PROXECTO: EXPRESARTE
Este ano o noso Proxecto vai sobre as EMOCIÓNS e tamén sobre como podemos expresalas a través do ARTE.
O alumnado de sexto fixo un precioso cartel para ilustralo.
8/9/22
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!
Searín tíñanos preparado un pequeno agasallo para cada un no primeiro día de clase. Ilusión por todas partes!
FELIZ CURSO 2022-2023!
23/6/22
Feliz verán
14/6/22
Olimpiadas escolares
Despois de dous cursos retomamos a convivencia co resto dos centros escolares do concello nas Olimpiadas Escolares.
13/6/22
VISITA Á PRAZA DE ABASTOS DE MOAÑA
O alumnado de primeiro de primaria visitou a praza de Abastos. Actividade incluida no programa "Aprende Moaña" , do Concello de Moaña.
MUSEO DO MAR DE MOAÑA
O alumnado de quinto e sexto de primaria disfrutou coa a visita de dous profesionais do mundo do mar que compartiron con eles toda a súa grande sabedoría.
10/6/22
SAÍDA ÁS ILLAS CÍES
O grupo de terceiro de Educación Primaria gozou dunha visita guiada ás illas Cíes, grazas ao premio conseguido no concurso de postais pola súa compañeira Mencía Otero.
OBRADOIRO DE ACOSO ESCOLAR EN CUARTO
Durante os días 7, 8 e 10 de xuño realizouse en cuarto curso un obradoiro sobre Convivencia e Acoso Escolar. O encargado de levalo adiante foi o Gabinete Psicolóxico Á Carón. Abaixo podedes ver fotos do traballo dos tres días. Sementamos cada día un mellor futuro para todos e todas.
9/6/22
PARTICIPACIÓN NO PLENO INFANTIL MUNICIPAL
Representantes de 4º, 5º e 6º curso participan do Pleno Infantil do 9/06/2022 sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3: Saúde e Benestar. O resto dos compañeiros seguimos o pleno on line.
Clicando na primeira foto podedes ver o vídeo do Pleno na páxina de Facebook do Concello:
5/6/22
ANIMAIS GALEGOS
Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria fixeron este libro interactivo para celebrar o día do Medio Ambiente. Ensinámosvos algún dos animais galegos máis característicos para concienciar sobre a importancia de protexer os ecosistemas galegos.