31/1/20

ZENTANGLE POLA PAZ E A DIVERSIDADE

Como todos os cursos, o día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Desta volta elaboramos entre todo o alumnado un zentangle xigante que expuxemos na entrada do centro. Cuadradiños todos eles diferentes feitos por cada un de nós, pero que cando os xuntamos conflúen nunha perfecta harmonía.
Que vos parece o resultado?








27/1/20

VIAXAMOS A MÉXICO DA MAN DE ÓSCAR SIERRA


O venres pasado, Óscar, o papá de Martina de 2º, veu contarnos un montón de cousiñas interesantes sobre México. El estivo vivindo alí durante seis anos cando era rapaz, así que nos descubriu a fauna máis abundante no país, as comidas típicas, tamén nos falou da música e cultura mexicana e incluso nos ensinou a un coñecido superheroe: el Chapulín Colorado. 
Puidemos preguntarlle moitas dúbidas e curiosidades e pasamos un momento moi agradable.

Moitas grazas Óscar, por vir compartir connosco a túa experiencia e sabedoría!





"UN AGASALLO DIFERENTE" POR NAYARA, SABELA E LEIRE

O venres, Sabela, Nayara e Leire foron á clase de 6º de Infantil a contar e representar o conto "Un agasallo diferente". Os nenos de infantil quedaron encantados coa actividade e xa están esperando por unha nova entrega!
Moi bo traballo, rapazas!!




24/1/20

O MURAL DA CLASE DE 1º SOBRE GRECIA

O curso de 1º continúa a traballar o PDI. Agora mesmo están investigando e aprendendo un montón de cousiñas sobre Grecia: a súa bandeira e capital, monumentos, comidas típicas e ata o abecedario! Tanto é así, que decidiron escribir o seu nome e apelidos en grego e o resultado de todo este traballo está exposto no corredor.Tamén fixeron unha cata de produtos típicos como o queixo feta, o tradicional iogur grego ou as aceitunas.
 Noraboa polo traballo realizado!!





EXPOÑEMOS O QUE APRENDEMOS SOBRE O PDI

A clase de 2º está dando a volta ao mundo da man de Phileas Fogg. Recentemente estiveron en Italia e aprenderon un montón de cousas que aproveitaron para contarlles aos compañeir@s da aula de 1º: a localización no mapa, monumentos como o Coliseo de Roma ou a Torre de Pisa, moeda antiga, roupa, festas e comida típicas, leis, etc. Tamén lles contaron a historia de Rómulo e Remo.
Para saber máis cousiñas sobre este país, podedes ver o mural que fixeron no corredor.
A min encántame o resultado!! E a vós?





INVESTIGAMOS...

Unha das características do desenvolvemento do PDI é iniciar ao alumnado na aprendizaxe de busca de información e investigación. Na biblio temos un montón de libros sobre o proxecto nos que atopar moita información relevante.
E así,pasiño a pasiño e coa axuda das profes imos aprendendo e descubrindo as cousas que o mundo ten gardadas para nós!


RECEITAS DO MUNDO!!

O alumnado de 5º xunto coa teacher e Simra, trasladáronse por uns momentos a México e cociñaron unha das receitas máis típicas do país: o guacamole. E como era de esperar, despois do proceso de elaboración tocou gozar do resultado final acompañado de nachos.
Estaba de rechupete!!
Agora toca preparalo na casa para disfrutalo coa familia!