Mostrando entradas con la etiqueta Cp emociónate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cp emociónate. Mostrar todas las entradas

8/2/23

A QUE SABE A LÚA?

Durante varias sesións os alumnos de 2º de E.P. traballaron o conto “A  QUE  SABE  A  LÚA” realizando diversas actividades, que axudaron a favorecer o diálogo, promover as competencias persoais e sociais como a empatía, identificación/expresión emocional, o compañeirismo, o esforzo, o traballo en equipo, a creatividade…

Como actividade final fixeron un mural onde, “construímos” unha MONTAÑA DE AMIGOS para alcanzar un anaquiño de lúa e imaxinar a que sabería e que fariamos con ela. Todos decidiron: COMPARTILA


7/11/22

UNHA CHEA DE EMOCIÓNS MONSTRUOSAS!

 Aproveitando que o Samaín dedicámolo aos monstros, chegaron a clase unha chea deles. Xogamos e clasificámolos, xa que había monstros tristes, alegres, enfadados e ata algún namorado.

6/11/22

O BERRO: ARTE E EMOCIÓN

No proxecto de Expresarte non podiamos deixar de falar de "O berro" de Munch, un cadro onde se mesturan claramente as emocións e o arte. Polo Samaín todo o alumnado posou no photocall que fixemos para a entrada do colexio.

3/11/22

SAMAÍN EN SEARA

Neste Samaín ademais de cabazas espectaculares e disfraces terroríficos houbo obradoiros de monstros  para decorar os corredores, cancións monstruosas (que podedes ver no segundo video), recreacións de O Berro de Munch, monstros de Borktus Leer feitos polos máis pequenos e contacontos de profesores e de alumnos (estes últimos escribiron os seus propios Contos de Medo).

E como non nos gusta nada ter medos, desfixemos deles na SuperCabaza de Seara.

15/10/22

CONTOS E EMOCIÓNS: GARAVANCIÑO

En segundo están traballando as emocións a través dos contos. Con Garavanciño déronse conta do importante que é coñecerse  e confiar nun mesmo.

23/9/22

SEGUNDO ACUDE AO FIC BUEU

Os nenos e nenas de 2º curso asistiron ao Festival Internacional de Cinema de Bueu, onde tiveron a ocasión de ver sete curtametraxes interesantísimas. Nas aulas traballaron a orde das secuencias, resumos, gráficos e tamén falaron de como se sentiron ao ver cada unha das curtas.

Aquí tedes unha pequena presentación sobre as emocións que as pelis lles xeneraron e dúas fotiños dese día.