Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

29/5/26

VISITA DE RAMÓN D. VEIGA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria gozou coa visita de Ramón Veiga, quen lles falou do seu libro "Maios e Desmaios". Ademais aproveitou a ocasión para compartir co alumnado diferentes tradicións relacionadas coa noite máxica de San Xoán. A rapazada participou con moito interese e entusiasmo facendo moitas preguntas do seu libro e descubrindo moitas curiosidades sobre o San Xoán, especialmente sobre os rituais da auga e do lume.

Para rematar a actividade, todo o alumnado levou o seu exemplar asinado polo autor, polo que lle damos as grazas a Ramón pola visita ao noso centro e por compartir con nós os libros marabillosos que escribe, cos que soñamos, aprendemos e gozamos en cada lectura.

18/5/26

A GALICIA MÁXICA CON SOLEDAD FELLOZA

Para conmemorar as Letras Galegas tivemos no cole a visita de Soledad Felloza, contacontos e actriz, que nos contou a lenda de Circe e Penélope, protagonistas do libro de Begoña Caamaño.
Ademais achegounos a nosa terra galega con historias cheas de maxia e tradición como os Biosbardos e as lendas dos Ancares.

23/4/26

VISITA DUN XORNALISTA DO FARO DE VIGO

 O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria recibiu a visita de Xosé Manuel, xornalista do Faro de Vigo, que compartiu con eles unha charla sobre o seu traballo. Faloulles de como se buscan as noticias, como se comproban os datos e da responsabilidade e da gran importancia de contar a verdade.

A actividade resultou moi enriquecedora, tanto que o alumnado de 3º decidiu converterse en pequenos xornalistas.

18/4/26

SABELA FERNÁNDEZ EN SEARA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo a sorte de coñecer á autora Sabela Fernández, creadora dun dos seus libros favoritos. Durante a visita, os nenos e nenas pasárono xenial facéndolle preguntas sobre a súa obra O ladrón de soños e descubrindo curiosidades sobre o proceso de creación das súas historias.

Como recordo deste encontro tan especial, todos os alumnos levaron o seu exemplar asinado pola autora, un detalle que, sen dúbida, gardarán con moito agarimo.

Moitas grazas por compartir o teu tempo e por regalarlos historias tan marabillosas. 

17/4/26

5º E 6º CURSO VISITAN A COMICON DE MOAÑA

 Aquí tedes unha pequena repeotaxe do alumnado de 5º de Primaria sobre a Comic-con de Moaña.

9/4/26

MIGUEL ANXO ALONSO DIZ EN SEARA

 Nesta ocasión foron os alumnos de terceiro os que tiveron a sorte de recibir a visita de Miguel co seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos".

8/2/26

XOGOS TRADICIONAIS COS MAIORES DE AFAMO

BLA O alumnado de 3º de EP recibiu no mes de febreiro a visita de AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) para traballar xogos tradicionais.
Nesta visita coñecemos como xogaban os nosos avós e avoas e probamos distintos tipos de xoguetes como oa aros, carraca, andacamiños...

22/11/25

VISITA FUNDACIÓN MENIÑOS

 A rapazada de 5 anos e 1º de primaria realizou un obradoiro coa Fundación Meniños no que traballaron as emocións.

22/5/25

CHARLA CO ESCRITOR MIGUEL ALONSO DIZ

 A rapazada de 3º curso leu como itinerario lector "Axencia Galega de Asuntos Máxicos". Este xoves tiveron a oportunidade de charlar co autor do libro, Miguel Alonso Diz, preguntarlle todas as curiosidades que tiñan sobre o libro e sobre el, e pedirlle que lles adicara os libros. Moitas grazas polo teu tempo e a túa amabilidade, Miguel!



MIGUEL ALONSO DIZ EN RADIO SEARA

 Despois dunha moi interesante charla na Biblioteca do escritor Miguel Alonso Diz co alumnado de terceiro que leu o seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos", pareceunos moi importante que contestase en Radio Seara á pregunta de cales foron as súas razóns para escribir dito libro.

CANTAREIRAS, MARTA E MARGOT

 

23/4/25

VISITA DO BOOKSTAGRAMER RAÚL NA SEMANA DO LIBRO

 Hoxe tivemos a sorte de coñecer a Raúl, un bookstagramer (thebookishblanket) que veu ao cole para compartir con nós o seu amplísimo coñecemento sobre literatura. Recibimos un montón de estupendas recomendacións e gozamos moito xogando e creando historias con el. Ademais agasallounos cun libro de Ana Kadabra adicado ao noso cole polos autores. 

Moitas grazas, Raúl, polo teu entusiasmo e xenerosidade!



9/4/25

A ESCRITORA ÉRICA ESMORÍS EN SEARA

 A escritora Érica Esmorís visitou hoxe a Biblioteca, onde falou coa rapazada de 2º curso da súa vocación e do libro "Patio de luces", do que ademais de gozar da súa lectura os nenos/as realizaron un gran mural.

Moitas grazas, Érica pola túa visita!