A rapazada de 5º de primaria estivo investigando sobre máis seres máxicos das lendas que viven na memoria e no imaxinario colectivo do noso pobo.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
28/3/26
27/3/26
CONTACONTOS DOS RAPACES DO INSTITUTO
Un grupiño de rapaces e rapazas de 2º da ESO do IES A Paralaia (centro ao que estamos adscritos) viñeron a facer de contacontos co alumnado de Educación Infantil.
Foi unha mañá máxica, moitas grazas, chic@s!
26/3/26
PRESENTACIÓNS EN 5º CURSO
Os alumnos e alumnas de 5º de primaria prepararon cada un unha presentación sobre un animal que eles mesmos escolleron. Para esta actividade non so tiveron que buscar información, organizala e poñela nunha presentación, se non que tamén tiveron que mellorar a súa expresión oral falando sobre o tema e respondendo ás preguntas dos compañeiros/as.
21/3/26
MES DA POESÍA: ESCRIBIMOS POEMAS
Con motivo do Día da Poesía, o alumnado elaborou orixinais caligramas, unha forma artística de expresión na que as palabras se combinan con imaxes para transmitir mensaxes poéticas de maneira visual. Tamén elaborou acrósticos, uns pequenos poemas nos que se escribe unha palabra cara abaixo (en vertical) e se usa cada unha desas letras para iniciar un verso, ao ler as letras darriba a abaixo descúbrese a palabra secreta.
20/3/26
FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL
O alumnado de 5º de primaria participou no Festival Online de Cine Documental Nanook Docukids. Un festival onde os alumnos e alumnas eran o xurado do festival, e onde cada un votou polas distintas curtas documentais. A rapazada tivo a oportunidade de coñecer historias reais protagonizadas por nenos e nenas de distintas partes do mundo, historias que os fixeron pensar e que mostran situacións desafiantes e diferentes formas de ver o mundo. Na clase o máis votado foi “O meu pai ten alzhéimer”, o segundo posto foi para “A miña historia non contada, Grino” (que é sobre un neno adoptado). Despois quedou “O escondite” e por último “Tasmina: The Horse Girl”. Ademais as películas fixéronlles pensar sobre eles mesmos e entender que as súas opinións son importantes.
18/3/26
17/3/26
OBRADOIRO CON RADIO ESPORA
A rapazada de 4º iniciouse no manexo e uso da radio con Radio Espora. Abaixo tedes as súas gravacións:
13/3/26
CREAMOS NOTICIAS XUNTOS!
Nesta ocasión os alumnos e alumnas máis pequenos debuxaron "a foto" da noticia e os maiores inventaron e redactaron a nova a partir dos debuxos. Aquí tedes o resultado: unhas novas superinteresantes!
9/3/26
SEMANA DA PRENSA
Searín xa repartiu todas as propostas para traballar nesta Semana da Prensa, cantas cousas imos aprender nas aulas!
Pero no panel da biblio tamén deixou un reto: Cales das noticias credes que son verdadeiras ou falsas?
8/3/26
3/3/26
21 Días en Galego
Comezamos unha nova edición dos 21 días en Galego, nos que animamos ao alumnado a usar a nosa lingua as 24 horas do día durante 3 semanas.
Animamos dende o colexio a que vos unades a eles e que entre todos logremos unha maior integración e uso do noso idioma.
2/3/26
OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL
1/3/26
PROXECTO DO UNIVERSO EN 4º DE PRIMARIA
O alumnado de 4º curso de primaria estivo co proxecto do Universo. O seu traballo de investigación na biblioteca culminou coa realización dunhas maquetas e as distintas presentacións na aula.



.png)







