Mostrando las entradas con la etiqueta ilustradores. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta ilustradores. Mostrar todas las entradas

6/10/22

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN CON LUZ BELOSO

Con motivo do Día do Sorriso tivemos a sorte de contar coa visita da profesora e ilustradora Luz Beloso. Son moitos os libros ilustrados por ela que temos na biblioteca, e o último, "O poder máxico do sorriso" de Talía Troitiño González, lémolo en todas as aulas e encantounos.

Así que convencemos a Luz para que viñese falarnos do seu traballo neste libro, e ela fixo dous obradoiros fascinantes de ilustración: un para a rapazada de 1º e 2º de primaria, e outro para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Moitas grazas, Luz, polo teu marabilloso traballo e polo teu tempo!

23/4/21

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día Mundial do Libro no noso cole. Baixo o lema “Amamos os libros, amamos o planeta” realizamos unha actividade na que xuntamos dúas das nosas paixóns: os libros e o coidado do planeta. Así pois, ilustramos a portada daquel libro que descubrimos este ano co PDI sobre como podemos salvar o planeta ou aquel que leva anos gustándonos e que está relacionado coa natureza e a vida nos distintos escosistemas. 









Ademais moitos cursos aproveitaron a súa visita semanal á biblio para poder realizar a actividade rodeados dos seus libros favoritos. 




O resultado está exposto no corredor da biblio e non nos pode gustar máis!! 
Seguramente nun futuro próximo algún ou algunha de vós asinedes as ilustracións das portadas de moitos libros, pois tedes moito talento!! 

11/2/21

ITINERARIOS LECTORES: OS MEGATOXOS

O alumnado de sexto está inmerso na lectura do libro "Os Megatoxos e o aprendiz de druída" do escritor Anxo Fariña. Gustoulles tanto que decidiron realizar ilustracións da obra en distintos soportes: lousa, papel ou lenzo, e así poder expoñelas na nosa biblioteca acompañando ao libro. Incluso gravaron un vídeo coa representación dun anaco da obra que sen dúbida vos animará a ler o libro!

Hai que ver que artistas tan grandes temos no noso cole! Parabéns polo traballo e grazas por compartilo con todos nós!!