O CaranveXornal de Seara xa está colgado en Caranvexo TV, pinchade no caranvexo para velo.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
30/4/26
23/4/26
16/4/26
CERTAME DE REGUEIFAS
O mércores 15 de abril a rapazada de 5º de primaria acudiu ao Auditorio Celso Parada para participar nun novo Certame de Regueifas en compañía do resto do alumnado de 5º curso de todos os coles do concello de Moaña. Foi unha experiencia marabillosa e moi enriquecedora.
11/4/26
O ALUMNADO DE 5º CURSO APRENDE A REGUEIFAR
Na aula de quinto curso o alumnado participou nun obradoiro de regueifas con Pinto d´Herbón e Luis, O Caruncho. A rapazada iniciouse nas regueifas e a súa composición con moito ilusión grazas ao entusiasmo que lle transmitiron estes dous grandes mestres.
2/3/26
OBRADOIRO AFECTIVO-SEXUAL
19/1/26
APRENDENDO SOBRE AS ABELLAS
O alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria descubriu moitas curiosidades sobre a vida das abellas grazas á colaboración co Concello.
29/5/25
APRENDE MOAÑA
30/4/25
CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA
O alumnado do colexio acudiu ao concerto da Escola de Música Municipal de Moaña "De que cor é un bico?", baseado no conto co mesmo título. Estivo xenial!
2/4/25
2 DE ABRIL. DÍA DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Hoxe 2 de Abril realizamos no CEIP Seara varias actividades co fin de concienciar ao alumnado e á toda a comunidade educativa sobre a importancia de apoiar e comprender ás persoas con TEA.
30/3/25
DÍA DO AUTISMO 2025
O CEIP Seara creou unha instalación, polo día do autismo, que estará colocada a partires do luns día 31 nos xardíns do concello. O TEA é un aspecto da educación, no que o alumnado e o profesorado do CEIP Seara están fondamente implicados.
21/2/25
DÍA DA ÁRBORE EN MOAÑA
1/2/25
28/5/24
7/4/24
24/5/23
CONTOS NO CAMIÑO
O alumnado de 1º e 2º curso realizou hoxe unha saída pola ribeira do río da Fraga (tamén chamado río dos Ladróns). Nesta actividade únense dúas premisas: coñecer parte da Variante do Morrazo do Camiño Portugués pola Costa e o proxecto "Contos nos Carreiros". O certo é que lles gustou moitísimo!
23/5/23
VÉN AO CORRELINGUA DE MOAÑA
Aquí tedes o vídeo que gravado entre todos os centros educativos de Moaña para celebrar o Correlingua.
8/5/23
ROTEIRO APRENDE MOAÑA
O alumnado de quinto curso fixo un roteiro polo río dentro do programa do Concello de Moaña "Aprende Moaña".
20/4/23
PLENO INFANTIL NO CONCELLO
O alumnado de 5º e 6º enviou aos seus representantes ao Pleno Infantil no Concello de Moaña; onde, xunto aos representantes do resto de colexios de Moaña, presentaron as súas propostas de mellora.





.jpg)


.jpg)







