DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
29/3/18
POEMANDO AUTORES
Os máis pequenos do colexio ilustraron poemas, completaron, recitaron, copiaron e ata fixeron uns fermosos caligramas con poemas de Manuel María.
Etiquetas:
Mes da poesía,
Poesía,
traballos dos alumnos
ACRÓSTICOS
Os acrósticos tiveron gran éxito, e aos nenos e nenas de Seara déuselles moi ben crealos.
Etiquetas:
creacións dos alumn@s,
Mes da poesía,
poemas,
Poesía
28/3/18
POEMANDO NA ESCOLA
Colléndolle emprestado o título a Antonio García Teijeiro do seu libro "Poemar o mar" (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e o último itinerario lector incorporado á nosa biblioteca), as actividades do Mes da Poesía recibiron o nome de "Poemando na escola". Así o alumnado, nas distintas clases, escribiu poemas (tanto de creación propia coma de autores coñecidos), acrósticos, caligramas, os máis pequenos debuxaron ou completaron... Queriamos que a primavera chegase a escola da man da poesía.
O resultado: o corredor do primeiro andar encheuse de primavera, con flores e poemas en cada recuncho.
O resultado: o corredor do primeiro andar encheuse de primavera, con flores e poemas en cada recuncho.
Etiquetas:
García Teijeiro,
Mes da poesía,
poemas,
Poesía,
primavera
24/3/18
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA
Celebramos o Día da Poesía invitando ao alumnado a recitar poemas na Biblioteca durante a hora do recreo. Aquí tedes un pequeno resumo do acontecido:
Etiquetas:
Día da Poesía,
Mes da poesía,
poemas,
Poesía,
recitado
23/3/18
VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, O AUTOR DE MARCOPOLA
Hoxe venres visitounos o creador de MARCOPOLA para contarnos moitas cousas dos seus personaxes. Pareceunos un mago usando os rotuladores, coma se nada debuxaba e debuxaba os personaxes que máis nos gustan dos seus comics. Gozamos moito desta xornada co artista e ao final asinou os nosos libros.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Encontros con autores,
Marcopola,
visitas
15/3/18
CONTACONTOS: O GALO TRAGANOCES
Algunhas alumnas de cuarto utilizaron o teatriño da Ludoteca para preparar o contacontos de "O galo traganoces". O alumnado de infantil disfrutouno moito
Etiquetas:
Animación á lectura,
biblioteca,
contacontos
14/3/18
MULLERES CIENTÍFICAS EN SEGUNDO CURSO
O alumnado de segundo investigou sobre algunhas das mulleres científicas máis importantes da historia.
Etiquetas:
Día da muller,
igualdade,
traballos alumnos
12/3/18
FALAMOS COA ENXEÑEIRA SONIA VALADARES
O 9 de marzo visitounos a enxeñeira Sonia Valladares. Non solo nos falou do seu interesante traballo, tamén nos deu unha marabillosa charla sobre mulleres científicas con "trivial" incluido.
Etiquetas:
ciencia,
mulleres,
mulleres científicas,
proxecto Experi-mentes
CAMPIONA DO CONCURSO DE PISTAS
Ana Couso del Río foi a gañadora do sorteo do Xogo de Pistas do Día da Muller, aínda que houbo premios para todos os acertantes.
Etiquetas:
ciencia,
Día da muller,
proxecto Experi-mentes,
xogo de pistas
8/3/18
AS MULLERES CIENTÍFICAS DAS NOSAS PISTAS
Estas son as mulleres científicas que coñecemos estes días a través do xogo de pistas:
DÍA 1: WANGARI MAATHAI (1940-2011)
DÍA 2: MARÍA SYBILLA MERIAN (1647-1717)
Naturalista, exploradora e pintora.
Considerada actualmente como unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna, grazas as súas detalladas observación e descripcións, con ilustración propias, da metamorfose das bolboretas e os seus debuxos de insectos.
DÍA 3: MARGARITA SALAS (1938)
Bioquímica, xenetista molecular e profesora de universidade. Traballou con Severo Ochoa.
As súas aportacións á Ciencia son moitas, pero destaca a súa investigación sobre a enzimoloxía e os seus traballos sobre Xenética e o ADN. O seu traballo é fundamental no desenvolvemento da Bioloxía Molecular en España.
DÍA 4: MARGARET HAMILTON (1936)
Matemática, científica computacional e enxeñeira de sistemas. Entre outros cargos foi responsable do desenvolvemento do software de voo a bordo das computadoras da misión espacial Apolo, sen ela a humanidade non tería chegado á Lúa.
Na foto está co software que enviou o home á Lúa.
DÍA 5: PATRICIA BATH (1942)
Oftalmóloga, inventora e académica. Foi a primeira muller afroamericana en recibir unha patente con finalidades médicas. Propietaria de catro patentes, inventou, entre outras, a sonda Laserphaco, que se utiliza no tratamento de cataratas. Con ela curou a cegueira de millóns de persoas no mundo.
DÍA 6: ÁNGELES ALVARIÑO (1916-2005)
Oceanógrafa galega. Especializouse en zooplancto e foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico.
No curso das súas investigacións descubriu doce novas especies de Chaetognata (quetognatos), nove especies de Siphonophora (sifonóforos), e unha nova especie de medusa. En total, 22 novas especies para a Ciencia.
Clicade na imaxe se queredes saber máis cousas sobre ela.
DÍA 1: WANGARI MAATHAI (1940-2011)
Bióloga e ecoloxista. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004. Foi a primeira muller en África Oriental e Central en obter un doctorado. En 1977 iniciou o Green Belt Movement para combatir a deforestación: animando ás mulleres a plantar árbores e a pensar de maneira ecolóxica.
Naturalista, exploradora e pintora.
Considerada actualmente como unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna, grazas as súas detalladas observación e descripcións, con ilustración propias, da metamorfose das bolboretas e os seus debuxos de insectos.
DÍA 3: MARGARITA SALAS (1938)
Bioquímica, xenetista molecular e profesora de universidade. Traballou con Severo Ochoa.
As súas aportacións á Ciencia son moitas, pero destaca a súa investigación sobre a enzimoloxía e os seus traballos sobre Xenética e o ADN. O seu traballo é fundamental no desenvolvemento da Bioloxía Molecular en España.
DÍA 4: MARGARET HAMILTON (1936)
Matemática, científica computacional e enxeñeira de sistemas. Entre outros cargos foi responsable do desenvolvemento do software de voo a bordo das computadoras da misión espacial Apolo, sen ela a humanidade non tería chegado á Lúa.
Na foto está co software que enviou o home á Lúa.
DÍA 5: PATRICIA BATH (1942)
Oftalmóloga, inventora e académica. Foi a primeira muller afroamericana en recibir unha patente con finalidades médicas. Propietaria de catro patentes, inventou, entre outras, a sonda Laserphaco, que se utiliza no tratamento de cataratas. Con ela curou a cegueira de millóns de persoas no mundo.
DÍA 6: ÁNGELES ALVARIÑO (1916-2005)
Oceanógrafa galega. Especializouse en zooplancto e foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico.
No curso das súas investigacións descubriu doce novas especies de Chaetognata (quetognatos), nove especies de Siphonophora (sifonóforos), e unha nova especie de medusa. En total, 22 novas especies para a Ciencia.
Clicade na imaxe se queredes saber máis cousas sobre ela.
7/3/18
FALANDO DE IGUALDADE
O alumnado de cuarto curso gravou o vídeo "Ponte as lentes violetas" coas reflexións feitas na aula en novembro sobre a violencia de xénero e a igualdade.
SELECCIÓN DE LIBROS PARA A IGUALDADE
Pilar Sampedro, experta en Literatura Infantil e Xuvenil (foi
integrante do equipo da Asesoría de bibliotecas escolares), vén de
publicar co gallo da celebración dos 25 anos da publicación de Rapazas de Agustín Fernández Paz unha selección de títulos para a igualdade. Podedes pinchar na imaxe para velos.
- Taboleiro no que se mostran aqueles libros dirixidos ao lectorado infantil e nos que se mira (e le) con perspectiva de xénero
- Taboleiro no que mostran aqueles libros dirixidos ao lectorado xuvenil e nos que se mira (e le) con perspectiva de xénero
https://www.pinterest.es/pilarsampedro2241/rapazas-25-literatura-xuvenil-galega-para-a-iguald/
Moitos deles están na nosa biblioteca, vide buscalos!
Moitos deles están na nosa biblioteca, vide buscalos!
Etiquetas:
igualdade,
libros,
recomendacións lectoras
6/3/18
6º E ÚLTIMO DÍA: PISTAS
Último día de pistas:
- Esta científica galega é especialista en zooplancto e unha autoridade mundial nesta especialidade.
- Durante as súas investigacións descubriu 22 novas especies.
- Foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación.
- O Instituto Español de Oceanografía ten un barco co seu nome.
Recordade que o prazo para selar e entregar os pasaportes remata o día 7 ás 12,15 da mañá.
Etiquetas:
ciencia,
concurso,
Día da muller,
pistas,
proxecto Experi-mentes
5/3/18
5º DÍA: PISTAS
Aquí tedes as pistas de hoxe:
- Un microscopio que lle regalaron de pequena espertou o seu interés pola Ciencia.
- Se ser muller nun mundo de homes é difícil, ser muller e negra foi o dobre de difícil para esta científica.
- É unha das oftalmólogas máis importantes da historia.
- Cos seus inventos (entre eles a sonda Laserphaco) conseguiu curar a ceguera de miles de persoas.
Etiquetas:
ciencia,
concurso,
Día da muller,
pistas,
proxecto Experi-mentes
4/3/18
4º DÍA: PISTAS
Estas son as pistas:
- Na época en que estudou Matemáticas o software non era tan importante como agora.
- Sen a súa axuda o home dificilmente tería pisado a Lúa en 1969.
- A súa filla Lauren, ía con ela ao laboratorio as fins de semana, así pasaban tempo xuntas.
- O seu lema é: "Non deberiamos ter medo a dicir non o sei ou non o entendo, ou incluso a facer preguntas tontas".
Etiquetas:
ciencia,
concurso,
Día da muller,
pistas,
proxecto Experi-mentes
3/3/18
3º DÍA: PISTAS
Esta é a científica de hoxe:
- O seu pai, que era médico, influiu no seu gusto polas ciencias.
- Aínda que non era madrileña licenciouse na Universidade Complutense de Madrid.
- Traballou nos Estados Unidos cun premio nobel español.
- Fixo moitas aportacións á Ciencia, pero destacan os seus traballos sobre a información xenética e o ADN.
Etiquetas:
ciencia,
concurso,
Día da muller,
pistas,
proxecto Experi-mentes
2/3/18
2º DÍA: PISTAS
Aquí tedes as pistas do segundo día:
- Foi artista, ademais de científica.
- É máis, as súas fillas, o seu pai, o seu padrastro e o seu home tamén o foron.
- Naceu antes de que pintasen As Meninas.
- O científico Linneo mencionaa máis de 100 veces na súa obra Systema Naturae.
- Aparecía nos billetes do seu lugar de orixe.
- Poderiamos poner algunha das súas ilustracións, pero mellor cando o averiguedes.
Etiquetas:
ciencia,
concurso,
Día da muller,
pistas,
proxecto Experi-mentes
1/3/18
XOGO DE PISTAS POLO DÍA DA MULLER
Iniciamos este mes cun xogo de pistas relacionado co Día da Muller (8 de marzo) e a Ciencia.
Cada día teredes que adivinar quen é a muller científica da que vos falamos aquí.
Vinde pola Biblioteca coas vosas respostas e selarémosvos o "pasaporte" do xogo. Entre os acertantes sortearemos un libro. Animádevos a participar!
1º DÍA: PISTAS
- Foi unha dos 300 africanos elixida para estudar en EEUU.
- Plantou moitas árbores.
- Gañou un premio moi importante que se otorga nun país nórdico.
- Foi perseguida polo seu goberno, pero ao final ela tamén formou parte dun goberno.
Esperámosvos na Biblioteca!
Etiquetas:
ciencia,
concurso,
Día da muller,
mulleres,
pistas,
proxecto Experi-mentes,
xogo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)