DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
24/12/25
18/12/25
15/12/25
O NADAL NA GALICIA MÁXICA
O alumnado de 5º curso de Primaria preparou este podcast sobre as figuras máxicas de Nadal e as tradicións destas datas en Galicia.
14/12/25
7/12/25
"LA MANO NEGRA" EN 5º DE PRIMARIA
Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria leron xuntos un dos itinerarios lectores que temos na Biblioteca. Trátase de Aventuras de "La Mano Negra" de Häns Jurgen Press. Un libro cheo de aventuras, misterios e pistas co que gozaron moitísimo!
5/12/25
MES DA CIENCIA: EXPERIMENTOS NAS AULAS
Durante este mes de novembro, como podedes ver no video inferior, os experimentos inundaron as aulas.
26/11/25
25 DE NOVEMBRO EN SEARA
Deixámosvos aquí algunhas fotiños da instalación e do acto co que no Ceip Seara dixemos NON á violencia de xénero. Ademais podedes ver o vídeo que preparou a rapazada de Infantil para esta data e escoitar o manifesto que escribiu o alumnado de 5º curso.
22/11/25
VISITA FUNDACIÓN MENIÑOS
A rapazada de 5 anos e 1º de primaria realizou un obradoiro coa Fundación Meniños no que traballaron as emocións.
15/11/25
RETOS DO MES DA CIENCIA EN GALEGO: DETECTIVES STEM
Xa andan moitos detectives pola biblioteca investigando para poder unir os nomes de científicas e científicos galegos do panel (Ángel Carracedo, Rita Fernández Queimadelos, Ángeles Alvariño, Domingo Fontán e Begoña Vila) coa imaxe que se corresponde coa súa profesión steam, e tamén para poder descubrir os seus logros.
13/11/25
PLAN DIRECTOR EN SEARA
Dentro do Plan Director para a mellora da convivencia e seguridade dentro dos centros educativos o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu formación sobre Acoso e Ciberacoso, e Delitos de Odio.
12/11/25
10/11/25
8/11/25
XA TEMOS GAÑADOR DO XOGO DE PISTAS!
Na hora do recreo fixemos o sorteo entre todos os acertantes do xogo de pistas sobre os Seres Máxicos de Galicia que fixemos no mes de outubro.
O gañador foi Camilo, de 1º curso de primaria. Dúas das axudantes foron as encargadas de entregarlle o agasallo.
7/11/25
5/11/25
4/11/25
NO SAMAÍN PEDIMOS O MIGALLO
Abaixo tedes algúns migallos cos que o alumnado pediu o seu agasallo nas aulas que lles corresponderon.
3/11/25
SAMAÍN EN SEARA
Un ano máis vivimos ao grande o Samaín en Seara: obradoiros de luz negra, adornos nas clases e corredores, manualidades para facer os agasallos do Migallo, obradorios sensoriais, exposición de cabazas na entrada do cole, contos de medo, composición e petición do Migallo polas aulas, gravación de programas de radio, cine, merendas terroríficas... Todo sen esquecer as nosas tradiccións e os seres máxicos desta época.
28/10/25
SAÍDA Á GRANXA CORAZÓN DE CARBALLO
27/10/25
24/10/25
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: "CITA A CEGAS CUN LIBRO"
No día das Bibliotecas había un libro agardando por cada un dos alumnos e alumnas do cole, unha "cita a cegas", un libro sorpresa co que descubrir novos mundos e vivir grandes aventuras.
23/10/25
DÍA DAS BIBLIOTECAS: CARTEL E CÓDIGOS QR
22/10/25
ARTELLANDO
O alumnado de primaria visitou a "Artellando 2025", unha exposición colectiva de artistas do Morrazo. Os nenos e nenas non so disfrutaron e atenderon ás explicacións do guía de excepción, Luis das Nacidas, se non que tamén colleron ideas para, xa na aula, realizar reinterpretacións das obras observadas.
18/10/25
REMATOU O TORNEO DE XADREZ
15/10/25
6º CHEGOU A SANTIAGO!
O alumnado de 6º realizou un tramo do Camiño de Santiago. En barco ata Vigo, en tren ata Padrón, e en dous días camiñaron de Padrón a Santiago. Unha experiencia inesquecible!
12/10/25
EXPOSICIÓN: FOTOS DO PROXECTO GALICIA MÁXICA
Grazas a colaboración das familias enchemos as escaleiras das fotos dos nosos alumnos no seu lugar favorito e máxico de Galicia.
10/10/25
SEXTO PREPARA O CAMIÑO DE SANTIAGO
O alumnado de sexto estivo estes días preparando a súa saída dende o Ceip Seara ata Santiago de Compostela. Aquí tedes o tríptico que elaboraron sobre a viaxe e a compostela que van recibir se rematan este treito do Camiño.
5/10/25
CREANDO OS PREMIOS DO TORNEO DE XADREZ
O alumnado de 6º curso está imprimindo na impresora 3D o premio que se lle dará a todas e todos os participantes no torneo.
4/10/25
A LENDA DA LAGOA DA SERPE
O alumnado de 5º de Primaria fixo un traballo sobre a "Lenda da Lagoa da Serpe", dita lagoa está nos montes de Trevinca e, desgraciadamente, chegamos a coñecela a través das novas publicadas nos medios de comunicación sobre os incendios que este pasado verán asolaron Galicia.
3/10/25
AS MEIGAS E O CACHO
Contan que o cacho, unha especie de auga máxica, que se fai na noite de San Xoan e co que lavamos a cara ese día, ten un poder sanador e protector e que, ademais, espanta ás meigas. Son moitas as herbas que pode levar o cacho, hai, polo menos, sete fundamentais, pero nalgúns lugares bótanlle máis de vinte.
Mael e Oliver, alumnos de terceiro, mostraron polas aulas o cacho que Mael preparou na casa coa súa familia. Cantas cousas interesantes aprendemos e como arrecendía o cacho!
2/10/25
PREPARANDO O TORNEO DE XADREZ
Durante os recreos na Biblioteca son moitos os nenos e nenas que aproveitan para xogar ao xadrez, e agora están aínda máis motivados pensando no próximo torneo de xadrez
Pero o máis importante é que, neste tempo, varios alumnos e alumnas de sexto están ensinando aos máis pequenos os rudimentos do xadrez. Son moi bos maestros, porque os peques aprenden moi rápido.
1/10/25
JANE GOODALL
Nun día coma hoxe, no que morreu Jane Goodall, non podemos deixar de falar nas aulas de quen foi esta muller, da labor que levou a cabo ao longo da súa vida e do legado que nos deixa a toda a humanidade. Moitas grazas, Jane!
XOGOS DE PISTAS NA BIBLIOTECA
Empezamos outubro cun xogo de pistas na Biblioteca, está relacionado co noso proxecto: Galicia Máxica; e está adaptado ás distintas idades. Toda a información que necesitades para resolver as pistas está na biblioteca, ánimo coa investigación! Sortearemos un agasallo entre aqueles que acerten.
.png)












.png)



.png)


.png)



.png)


.jpg)






















