Mostrando entradas con la etiqueta ciencias sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencias sociais. Mostrar todas las entradas

13/5/26

TRABALLANDO A HISTORIA EN 6º CURSO

O alumnado de sexto elaborou unha televisión de cartón na que se poden visualizar as diferentes etapas, da Prehistoria ata a Idade Contemporánea.

Esta actividade enmárcase nun traballo de investigación no que o alumnado afondou nas distintas etapas da Prehistoria e da Historia a través da consulta de diversas fontes de información. Posteriormente, no marco da Biblioteca Creativa do centro, transformaron os coñecementos adquiridos nun produto artístico e manipulativo, empregando unha televisión de cartón como soporte para representar visualmente os períodos estudados.

A etapa na que máis se detiveron foi a Idade Contemporánea, debido á súa relevancia para comprender o mundo actual.

Como peche da actividade, o alumnado realizará unha exposición oral por grupos diante dos seus compañeiros e compañeiras. Cada grupo centrará a súa presentación nun acontecemento histórico concreto, como a Guerra Civil Española, a Segunda Guerra MUndial, ou o Franquismo, compartindo os coñecementos adquiridos e favorecendo a reflexión sobre estes períodos da nosa historia.

25/2/26

C0ÑECE AS NOSAS INSTITUCIÓNS

O alumnado de 5º e 6º de primaria realizou unha saída a Santiago de Compostela para visitar a Xunta de Galicia e o Parlamento Galego. Ditas visitas englóbanse no programa "Coñece as nosas Institucións". No Parlamento galego tiveron a oportunidade de falar co Conselleiro de Educación e de asistir, durante un rato, a un pleno en directo, escoitando as intervencións dos distintos grupos parlamentarios.


9/6/22

PARTICIPACIÓN NO PLENO INFANTIL MUNICIPAL

Representantes de 4º, 5º e 6º curso participan do Pleno Infantil do 9/06/2022 sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3: Saúde e Benestar.  O resto dos compañeiros seguimos o pleno on line.

Clicando na primeira foto podedes ver o vídeo do Pleno na páxina de Facebook do Concello: