DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
22/6/23
IGUALDADE DE XÉNERO NO DEPORTE, S.D. SANMERTOLOMEU CO CEIP SEARA
19/6/23
Coro das emocións Educación responsable
18/6/23
17/6/23
PATIOS DINÁMICOS
16/6/23
VISITA NAI DE MARNIE
Hoxe o alumnado de 2º curso recibiu a visita de Jessica, a nai de Marnie, que é deseñadora gráfica e veu a falar do seu traballo nunha axencia publicitaria a través de tres espectaculares campañas feitas por ela. Contoulles moitas cousas, unha das máis importantes de onde sae a súa inspiración. A inspiración, dixo, está en todas partes.
No primeiro proxecto inspirouse no libro "Onde viven os monstros" para realizar a campaña dunha compañía de seguros polo seu décimo aniversario.
Para outro dos seus traballos, un calendario para unha importante compañía relacionada coa pesca, inspirouse nos collages de Mary de Lirios, e acompañou cada mes dun consello para coidar os mares e océanos.
15/6/23
CONTACONTOS EN INFANTIL
O alumnado de Educación Infantil gozou dun divertidísimo contacontos "Pelliscos viaja con sus emociones" narrado pola súa autora, Patricia Merchán.
14/6/23
SAÍDA A ILLA DE SAN SIMÓN
8/6/23
7/6/23
6/6/23
BIBLIOTECA CREATIVA: SCRATCH EN SEGUNDO DE PRIMARIA
Coa axuda de Paola Guimeráns a rapazada de 2º curso iniciose no Scratch con pequenos retos que foron quen de facer e gozar. Moitas grazas, Paola!
5/6/23
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Para conmemorar o Día do Medio Ambiente os alumnos e alumnas de Relixión de 5º de Educación Primaria fixeron este mural para convidar ao resto do alumnado do cole a que descubrisen, a través dos códigos QR, os vídeos que escolleron para ensinarnos os problemas que está padecendo o noso planeta.
3/6/23
ITINERARIO LECTOR: PATIO DE LUCES
Mural realizado polo alumnado de 2º curso despois da lectura do libro "Patio de luces" de Érica Esmorís.
1/6/23
CLASE DE CIENCIAS NA CONTORNA
Hoxe os nenos e nenas de 2º de primaria tiveron unha clase de ciencias na natureza da contorna da man dunha educadora de Naturaliza.