27/4/23

O MAIO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Aí vén o maio! En Educación Infantil prepararon un precioso Maio para dar a benvida á Primavera, unha fermosa tradición que non debemos esquecer. 

26/4/23

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Na Semana do Libro todos os cursos gozaron da lectura compartida.

24/4/23

DIPLOMAS LECTORES

 Pola semana do libro agasallamos aos bos lectores.


GOZAR DA LECTURA EN TODOS LADOS

Cun libro podes ir onde queiras e gozar da lectura en calquera recuncho. Hoxe, en Seara,  a Hora de Ler fixémola polos corredores, escaleiras, patio, á sombra das árbores..., e ben que a disfrutamos!


22/4/23

DÍA DA TERRA

Para conmemorar o Día da Terra, os alumnos e alumnas de 6º de Infantil realizaron esta fantástica coreografía da canción "Madre Tierra".

20/4/23

PLENO INFANTIL NO CONCELLO

O alumnado de 5º e 6º enviou aos seus representantes ao Pleno Infantil no Concello de Moaña; onde, xunto aos representantes do resto de colexios de Moaña, presentaron as súas propostas de mellora.

19/4/23

OBRADOIRO CON ANXO FARIÑA

A Cidade Violeta é un obradoiro de ilustración e creatividade, e tamén de igualdade e loita contra a violencia de xénero.

                               

                           

                               

17/4/23

OBRADOIRO DE ACOSO ESCOLAR EN CUARTO

Os pasados 12, 13 e 14 de abril viñeron ao noso colexio os psicólogos Juanma e Noemí para
falarnos do acoso escolar.
Con eles tratamos o tema do acoso e representamos situacións con Legos.
Na primeira parte do obradoiro explicábannos como actuaba o acosador, a vítima, o observador
e a persoa que tiña medo e que non quería estar no grupo do acosador. Na segunda parte
dábannos uns papeis e tiñamos que escribir se algunha vez viramos unha situación de bullying
ou se nos fixeran a nós algunha falta de respecto. Para rematar
tiñamos que recrear unha situación dese tipo cos Legos. Despois xuntabamos todas as
creacións para ver os resultados.
Aprendemos moitas cousas da persoa acosadora e da vítima. Unha vez tamén fixemos unha
escea na que o acosador era o protagonista. Apuntabamos as ideas cada día na lousa da clase
e sempre nos recordaban que o máis importante é ter empatía. Pasámolo xenial e
aprendemos cousas novas.

11/4/23

FESTA DA PRIMAVERA

O venres antes das vacacións celebramos a Festa da Primavera no noso colexio.  Ademais de manualidades nas aulas, houbo xogos para a rapazada de Primaria e unha busca de ovos para o alumnado de Infantil. Como colofón houbo ovos de Pascua  e tarxetas feitas con papel reciclado e sementes para todos.

2/4/23

PONTE NOS SEUS ZAPATOS. 2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Este é o vídeo que acompaña, a través dun código QR, a instalación artística que colocamos nos Xardíns do Concello de Moaña con motivo do Día da Concienciación sobre o Autismo. Nel podedes ver como a rapazada fixo a instalación e principalmente como probaron a "Poñerse nos seus zapatos".

Ademais o vídeo acompáñase coa lectura  dun emotivo texto escrito pola  nai dun rapaz con autismo.

1/4/23

INSTALACIÓN NOS XARDÍNS DO CONCELLO

Instalación artística situada nos Xardíns do Concello de Moaña co motivo da celebración do " Día da Concienciación sobre o Autismo". Acompáñase dun video onde aparece o proceso de preparación da obra, ademais da lectura dun emotivo texto escrito pola nai dun rapaz con autismo. Grazas a comunidade educativa por participar e atreverse a camiñar con outros zapatos.