Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

7/6/26

VOU A BIBLIO NO RECREO!

 Nos recreos a biblioteca do cole convértese en moito máis ca un espazo para a lectura. Entre andeis e libros, o alumnado atopa tamén un lugar para compartir, aprender e divertirse dun xeito diferente. 

Os xogos de mesa ocupan un papel protagonista, favorecendo a convivencia, o respecto polas normas e o traballo en equipo, ademais os que se animan co xadrez desenvolven a concentración e o pensamento lóxico.

Na nosa biblioteca tamén teñen unha presenza destacada os xogos de construción, que estimulan a creatividade e a imaxinación. Con eles a rapazada experimenta, crea e colabora. Ademais a biblioteca énchese de vida con outras actividades como tocar o piano, descubrir novos xogos ou participar en obradoiros organizados por profes ou alumnos e alumnas. Por exemplo, o obradoiro de calceta, organizado polas rapazas de cuarto, permitiu desenvolver habilidades manuais e crear vínculos entre o alumnado.

A biblioteca do colexio ensínanos que tamén se aprende xogando, conversando, creando e gozando xuntos. Pero, sobre todo, queremos que a nosa biblioteca sexa un lugar onde cada neno e nena poida atopar o seu espazo e medrar como persoa.

Deixámosvos aquí un vídeo dalgúns momentos de recreos na biblio.

15/9/25

PRIMEIROS RECREOS NA BIBLIOTECA

Como había tantas ganas de que funcionara a biblioteca nos recreos houbo rapidamente que ultimar detalles e abrir as portas de par en par.

25/4/25

XOGOS CON BRAZOLINDA

 Hoxe puidemos disfrutar dunha xornada de xogos de mesa organizada por "Brazolinda". Trátase dun proxecto de deseño e fabricación de xogox de mesa en galego, creados para que pequenos e maiores poidan xogar xuntos, entendendo o xogo de mesa dende un punto de vista actitudinal, dinámico, motor e mental. En definitiva, desenvolvendo habilidades que axudan a vincularse.

7/3/25

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE NA AULA

 O alumnado de 2º e 4º curso de primaria gozou dun Obradoiro de Creatividade na aula con Laura Campos Suárez. 

18/12/24

XOGOS DE MESA RECOMENDADOS

Este Nadal para facer unha boa recomendación de xogos , cos que agasallar a todos , nenos e adultos recurrimos a inestimable axuda do profesor Juan Carlos Ruiz, coñecido en redes sociais como @profejugon, experto na aprendizaxe baseada no xogo e creador de moitos xogos de mesa. Esperamos que estas ideas vos axuden coas peticións de nadal.

15/12/24

TRIMESTRE DE XOGOS EN SEGUNDO

Moitos foron os xogos cos que este trimestre conviviron e xogaron na clase de segundo. Aquí tedes un resumo:





14/12/24

TORNEO DE NADAL


 Ao longo deste mes de decembro oa rapazada de 5º organizou un torneo de xadrez no que puideron  participar nenos e nenas de toda primaria. Foi todo un éxito!









20/10/24

CREAMOS A NOSA PROPIA BARALLA

 En Proxecto  Competencial o alumnado de cuarto creou a súa propia baralla a partir da baralla española, para logo buscar que xogos se poden realizar con ela e redactar as súas normas.

Estas son algunhas das cartas:



10/10/24

MÁIS XOGOS TRADICIONAIS

 Os nenos e nenas de 5ºB explícannos varios xogos tradicionais. Sabes como xogar?


26/9/24

SABES XOGAR A ESTES XOGOS TRADICIONAIS?

A rapazada de 5º curso explica como xogar a xogos tradicionais, como a billarda, o tiracroios ou tirapedras, os birlos celtas e a mariola. Vos coñecédelos todos?

29/5/24

DEPORTE E CONVIVENCIA EN SEARA

A rapazada de 1º ciclo do noso cole tivo unha xornada fantástica de convivencia e xogos cos compañeir@s dos Ceips de Reibón, Tirán e A Guía.


23/6/22

Feliz verán

Acabou un curso cheo de momentos para recordar... 
Desexámovos unhas moi felices e merecidas vacacións de verán! 
Graciñas á toda a comunidade educativa do CEIP Seara pola vosa implicación, colaboración e cariño.



11/4/19

RECREOS NA BIBLIO DESTE 2º TRIMESTRE

Os grandes triunfadores deste trimestre na biblio foron os xogos de mesa como ben podedes comprobar neste vídeo

1/2/19

XOGOS NA BIBLIOTECA

Ademais do xadrez de tódolos días, os martes e xoves son días de xogos na biblioteca. Animarvos a probalos!