Outra das cousas que estamos aprendendo tanto os pequenos coma os maiores son os distintos tipos de bocadillos ou globos da banda deseñada:
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
28/11/16
25/11/16
25 DE NOVEMBRO
Na escola procuramos a igualdade que é o único camiño da non violencia. Este vídeo do blog "Trafegando ronseis" móstranos o poder das palabras.
Este outro pode tamén darvos moito que pensar:
Este outro pode tamén darvos moito que pensar:
19/11/16
TRABALLANDO AS EXPRESIÓNS FACIAIS NA BANDA DESEÑADA
O alumnado de segundo curso comezou traballando catro expresións faciais fundamentais á hora de debuxar banda deseñada: cara de ledicia, cara de tristura, cara de abraio e cara de medo.
Aquí vos mostran o resultado final do seu traballo:
Aquí vos mostran o resultado final do seu traballo:
Etiquetas:
Banda deseñada,
cómic,
expresións,
proxecto "Anímate"
15/11/16
TARDES NA BIBLIO
Polas tardes, de luns a xoves, a nosa biblioteca está aberta e moi solicitada polos alumn@s. Abaixo tedes unha pequena mostra dunha tarde na Biblio de Seara:
10/11/16
MAGOSTO
Aquí tedes un resume fotográfico do magosto e das viñetas que fixeron os nen@s de 2º.
Etiquetas:
Banda deseñada,
magosto,
proxecto "Anímate"
5/11/16
BANDAS DESEÑADAS DE MEDO
Polo Samaín deseñamos o comezo dunha banda deseñada: Un cadaleito aparece na biblioteca de Seara... Cada nen@ debuxou e imaxinou como remata a historia.
Os alumnos de 6º, pola súa banda, imaxinaron as súas propias historias de medo.
Os alumnos de 6º, pola súa banda, imaxinaron as súas propias historias de medo.
Etiquetas:
Banda deseñada,
cómic,
medo,
proxecto "Anímate",
samaín
1/11/16
SAMAÍN EN SEARA
O venres celebramos o Samaín. Este ano os libros de medo saíron da Biblioteca para aparecer cos calacús nos terroríficos corredores e os nen@s de quinto curso prepararon espeluznantes contos de medo que nos contaron durante o recreo. Foi un Samaín aterrador e inesquecible!
Etiquetas:
Banda deseñada,
calacús,
contacontos,
contos de medo,
libros,
samaín
Suscribirse a:
Entradas (Atom)