DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
22/12/21
21/12/21
Guías de lectura
Unha vez máis, froito da colaboración coa Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, temos o pracer de compartir con vós as guías de lectura elaboradas este curso.
Nas guías podedes ver todas as novidades de lecturas e música en galego dos últimos doce meses, para todas as idades.
Seguro que aquí atoparedes moitas ideas para os agasallos de Nadal.
Estas son as tres guías adaptadas as diferentes idades (Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria e adultos).
17/12/21
16/12/21
11/12/21
10/12/21
9/12/21
ÚLTIMA SESIÓN DE CHARLAS SOBRE COMUNIDADES EN REDE
Hoxe o alumnado de 4º e 5º tivo a terceira e última charla da asociación Érguete sobre o mundo on-line, o uso adecuado das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), perigos das redes, recomendacións para moverse por internet, entender por qué gustan tanto os videoxogos...
3/12/21
2/12/21
1/12/21
27/11/21
25-N
26/11/21
NO MES DA CIENCIA ESTUDAMOS O POLBO
23/11/21
PLENO INFANTIL DO CONCELLO DE MOAÑA COS ODS COMO PROTAGONISTAS
No Pleno Municipal Infantil o alumnado de quinto presentou as súas propostas perante a alcaldesa e os concelleiros. Como non poidemos acudir todos ao concello, estivemos atentos dende o cole por se quedaba algo no tinteiro. Aquí abaixo tedes un par de fotiños e a ligazón á páxina do concello para ver o vídeo do pleno.
Se queremos facer deste mundo un lugar mellor temos que comezar polo que nós podemos facer!
21/11/21
CUARTO PUBLICITA OS DEREITOS DA INFANCIA
Aquí tedes outro programa de radio relacionado cos Dereitos das Nenas e Nenos feito polo alumnado de cuarto curso.
20/11/21
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 25 DE NOVEMBRO
Estas son as recomendacións lectoras do Consorcio Editorial Galego para traballar o 25-N , Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Moitos deses titulos están na biblioteca e os que quedan pronto o estarán.
DEREITOS DA INFANCIA
19/11/21
FALADOIRO SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS
As nenas e nenos de cuarto curso buscaron información sobre o 20 de novembro, Día Dos Dereitos da Infancia. Abaixo podedes escoitalos en Radio Seara
16/11/21
15/11/21
Mes da ciencia en galego
Ao longo do mes novembro, realizáronse diversas actividades nas aulas para conmemorar o mes da ciencia.
Este texto do científico Ángel Carracedo resultou moi interesante para ler e debatir co alumnado.
13/11/21
12/11/21
QUINTO ENTREVISTA AO CASTAÑEIRO
Os rapaces de quinto curso aproveitaron a celebración do Magosto para entrevistar ao castañeiro en Radio Seara. A verdade é que lle fixeron moitas preguntas interesantes.
9/11/21
8/11/21
6/11/21
PESADELOS DE SAMAÍN EN CUARTO
A rapazada de cuarto curso foi a Radio Seara a contar os seus pesadelos de Samaín
5/11/21
2/11/21
HISTORIAS DE SAMAÍN DE 5º e 6º
Os nenos e nenas de 5º e 6º curso fixeron unhas historias terroríficas. Esperamos que vos gusten.
1/11/21
Samaín 2021
31/10/21
29/10/21
Correlingua 2021
CORRELINGUA DO MORRAZO IN STREAMING
29 de outubro ás 11,30 en Bueu no Centro Social do Mar, actuou Música Miúda, presentou Fran Rei. Emisión en directo.
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
Polo Día das Bibliotecas fixemos varias actividades: Cita a cegas cun libro misterioso, pasatempos con Searín, contacontos en Infantil e recomendacións lectoras.
25/10/21
Recursos para o Samaín
Genially Samaín con actividades sobre o texto "O noso Samaín", de Loretta Birott, para o alumnado de Ed. Primaria.
15/9/21
Programación Rechouchíos
Xa está aquí a no a programación dos rechouchíos: teatro, música e contacontos para as tardes dos venres.
NON OS PERDAS!!!!
13/9/21
8/9/21
21/6/21
A HISTORIA DO SÉCULO XX CONTADA EN GALEGO
Varias alumnas de 6º curso, logo de aprender a historia de España do S.XX déronse conta de que non existe ningún formato audiovisual sobre este tema na nosa lingua. Así que botaron man da súa imaxinación, moito esforzo e traballo e elas mesmas crearon "A historia do S.XX" en galego.
A verdade é que non podemos sentirnos máis orgullosos do seu traballo e é que o resultado final non é para menos. Parabéns rapazas!!
18/6/21
AS ÁRBORES DE SEARA
Durante este curso o alumnado de 2º estivo inmerso nun proxecto titulado "As árbores de Seara". Seguindo o PDI do centro e centrándose no ods 15, esta actividade consistiu en identificar as árbores que temos no patio, investigar sobre elas e gravar uns pequenos vídeos explicativos de cada unha delas. Esa explicación foi vinculada a un código QR.
Ademais, coa axuda dos maiores, deseñaron os nomes das árbores para poder imprimilos en 3D e por fin, lixaron e pintaron un panel informativo de madeira que o profe Iago construíu para poder colocar ao lado de cada árbore e incluír nel o código QR e a etiqueta en formato 3D.
Agora todas as persoas que visiten o noso centro poderán saber máis sobre as nosas árbores.
Foi un traballo moi interesante e bonito!! Moitos parabéns, segundo!!
17/6/21
AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: MARY KINGSLEY
Xa está aquí a última entrega do programa "Aventureiras intrépidas" deste curso 2020/21. Unha vez máis, o alumnado de terceiro subiu á radio para achegarnos unha nova muller que marcou un antes e un despois para a súa época: Mary Kingsley.
A exploradora e escritora viviu aventuras moi perigosas arriscando a súa vida, mais a súa intelixencia e valentía valéronlle para continuar coa súa paixón sen decaer en ningún momento.
Vaivos encantar este novo episodio, pois está cargadiño de curiosidades e viaxes cheas de peripecias.
Parabéns unha vez máis terceiro, polo gran traballo que fixestes!!
Moitas grazas por este programa fascinante!!
9/6/21
OS VERMES DE SEDA
Foi xenial poder asistir a todo o proceso e seguramente o noso alumnado volva acoller de novo o próximo curso a estes bechos tan singulares.