Mostrando entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta creatividade. Mostrar todas las entradas

7/6/26

VOU A BIBLIO NO RECREO!

 Nos recreos a biblioteca do cole convértese en moito máis ca un espazo para a lectura. Entre andeis e libros, o alumnado atopa tamén un lugar para compartir, aprender e divertirse dun xeito diferente. 

Os xogos de mesa ocupan un papel protagonista, favorecendo a convivencia, o respecto polas normas e o traballo en equipo, ademais os que se animan co xadrez desenvolven a concentración e o pensamento lóxico.

Na nosa biblioteca tamén teñen unha presenza destacada os xogos de construción, que estimulan a creatividade e a imaxinación. Con eles a rapazada experimenta, crea e colabora. Ademais a biblioteca énchese de vida con outras actividades como tocar o piano, descubrir novos xogos ou participar en obradoiros organizados por profes ou alumnos e alumnas. Por exemplo, o obradoiro de calceta, organizado polas rapazas de cuarto, permitiu desenvolver habilidades manuais e crear vínculos entre o alumnado.

A biblioteca do colexio ensínanos que tamén se aprende xogando, conversando, creando e gozando xuntos. Pero, sobre todo, queremos que a nosa biblioteca sexa un lugar onde cada neno e nena poida atopar o seu espazo e medrar como persoa.

Deixámosvos aquí un vídeo dalgúns momentos de recreos na biblio.

30/5/26

OBRADOIROS DE BIBLIOTECA CREATIVA

Ao longo desta semana na biblioteca tivemos distintos obradoiros creativos para todo o alumnado. Estes obradoiros levounos a cabo "Trazos", partindo de contos e historias abraiantes Patricia soubo mergullarnos nun mundo de fantasía e creatividade. 

6/5/25

OS MAIOS

Ahí ven o maio, de frores cuberto, púxeronse a porta, cantándome os nenos.
O alumnado de Educación Infantil creou un precioso Maio tradicional, os alumnos do primeiro ciclo teceron flores creando un fermoso tapiz que era pura primavera e para rematar Educación Infantil, terceiro e quinto de Educación Primaria cantaron os maios.


19/3/25

OBRADOIRO DE MARIONETAS CON EDUCACIÓN INFANTIL

 Obradoiro de marionetas na Biblioteca co alumnado de Educación Infantil, que ben o pasamos!

Moitas grazas ás familias que viñeron  axudarnos, sen vós non sería posible.

7/3/25

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE NA AULA

 O alumnado de 2º e 4º curso de primaria gozou dun Obradoiro de Creatividade na aula con Laura Campos Suárez. 

22/2/25

OBRADOIRO DE BONECAS DE TRAPO

 Rematado este obradoiro de bonecas de trapo que tanto gozamos o alumnado, as familias e tamén as mestras. Moitas grazas ás familias que viñeron  axudarnos, sen vos non sería posible.

9/2/25

COSEMOS CONSTELACIÓNS

En Educación Infantil coñecemos o espacio utilizando a creatividade.

3/12/24

OLALLA, CONTOS CON OBXECTOS

 Algunha vez se che pasou pola cabeza que tiñas obxectos na túa casa, na túa aula...cos que poderías acompañar ou crear marabillosas historias? 

A Olalla si, e ensinounos a facelo!

15/6/24

A GAIVOTA GOURMET

 Con este vídeo do conto "A gaivota gourmet"  recordamos  a O HEMATOCRÍTICO, que nesta historia retrata ás gaivotas que cada día, despois do recreo, veñen comer ao CEIP Seara. E tamén queremos decirlle a todas as Moris que volvemos en setembro, e que aproveiten o verán para ir á praia. 

14/4/24

RESULTADOS OBRADOIRO DE MACRAMÉ

                                  
                     

                                  


                           

30/11/22

COLLAGES DE NOVEMBRO

 Os collages do reto artístico de novembro decoran xa as escaleiras. Sodes uns verdadeiros artistas!


3/5/22

Scratch coa poesía de Fran Alonso

 O alumnado de 5º curso puso en práctica os seus novos coñecementos de Scratch para mostrar o aprendido sobre a obra de Fran Alonso e preparar a súa visita.

 

 

 

 

3/5/21

RETOS LEGO

Unha das novidades que ofreceu este curso a biblioteca ao noso alumnado foi a creación do recuncho argalleiro. Alí, nas súas sesións semanais crean, investigan, xogan... e tamén atopan retos para levar a cabo cos legos, pois é un dos xogos máis demandado e utilizado na biblio. 




26/2/21

DEBUXAMOS INSPIRÁNDONOS EN ROSALÍA

Co galo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de primeiro e segundo encheron o corredor do primeiro andar con debuxos inspirados na nosa escritora máis célebre. 

Así pois, en primeiro decidiron facer retratos de Rosalía inspirándose na canción  "Rosalía pequeniña", e aínda que aparecen Rosalías de todos os tipos, sen dúbida algunha a que triunfou foi a "Rosalía pirata". 




En segundo a inspiración veu dada polo poema "Adiós ríos, adiós fontes" e a partir do mesmo realizaron uns cadros preciosos cheos de cor e formas. 




Noraboa polo traballo rapazada!!