Mostrando las entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

4/5/26

OS MAIOS EN SEARA

 Todos os anos celebramos no colexio Os Maios, pero este curso foi unha celebración aínda máis especial, xa que pertence a nosa "Galicia Máxica", é unha festa popular que vén de moi antigo (de civilizacións celtas e prerromanas ) e que celebra e exalta a natureza e a chegada da primavera. Aquí tedes o vídeo da celebración e máis abaixo algunhas fotiños dos preparativos e da celebración.


31/1/26

DÍA DA PAZ 2026

Este ano a nosa Canción da Paz, "O pozo de Arán", conecta coas lendas, neste caso unha lenda de orixen celta (irlandesa) que fala dun pozo sagrado onde un neno cego recupera a vista, simbolizando a unión da terra, o ceo e o mar. Un lugar onde non existe a escuridade, solo a esperanza e a paz que dende o cole de Seara queremos para o mundo. (Pinchade na foto)


 

6/5/25

OS MAIOS

Ahí ven o maio, de frores cuberto, púxeronse a porta, cantándome os nenos.
O alumnado de Educación Infantil creou un precioso Maio tradicional, os alumnos do primeiro ciclo teceron flores creando un fermoso tapiz que era pura primavera e para rematar Educación Infantil, terceiro e quinto de Educación Primaria cantaron os maios.


30/4/25

CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA

 O alumnado do colexio acudiu ao concerto da Escola de Música Municipal de Moaña "De que cor é un bico?", baseado no conto co mesmo título. Estivo xenial!

7/6/24

VISITA DO CORO DO CEIP SANTA MARIÑA

Gozamos e cantamos cos alumnos do coro do CEIP Santa Mariña. Grazas




 

31/1/24

DÍA DA PAZ

OS PEIXIÑOS DO MAR QUEREMOS VIVIR EN PAZ.

              

9/3/23

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Toda a rapazada do cole reuniuse no patio para cantar unha nova versión da canción "Os días da semana" dos Pallasos da Tele. Rompendo cos roles tradicionais de xénero! 

10/2/23

Lip Dub polo Día da Paz

Todo o alumnado do cole participou no Lip Dub que realizamos con motivo da celebración do Día escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro, ao ritmo da canción "No mundo" de Luar na Lubre. 

Esperamos que vos guste!

1/6/22

CONCERTO DIDÁCTICO DA ESCOLA DE MÚSICA

Hoxe participamos dunha marabillosa xornada do concerto didáctico da Escola de Música Municipal de Moaña "Monstros por aquí...monstras por alá". Ademais de disfrutar da música e da historia, os músicos e o texto déronnos moitas pistas para reflexionar sobre a convivencia e a inclusión.


30/4/22

CONCERTO "XIRAREI COS BOLECHAS"

O pasado 27 de abril tivemos en Seara un concerto de María Faltri para  presentarnos o proxecto do Concello de Moaña "Xirarei cos Bolechas".  O Concello xuntou a dez músicas e músicos vinculados con Moaña para que compuxeran cinco temas a partires do libro "Os bolechas van a Moaña". 

Se pinchades no libro podedes ir á páxina onde están todas as cancións e os videos:

Neste video podedes ver o conto narrado:

E aquí podedes ver que ben o pasaron no concerto:

9/6/21

XA TEMOS AS NOSAS "MARAÑOLAS"

En música, os cursos de 4º e 5º de primaria estiveron nas últimas semanas enfrascados na construción de instrumentos musicais. Así, contribuíndo ao ODS 12 realizaron un instrumento moi peculiar chamado "marañola", pois é unha mestura entre unha maraca e unha castañola. Fixémolo con cartón e tapóns e decorámolo con papeis de cores. Agora xa teñen un instrumento máis para acompañar cancións e realizar ritmos. 

Aquí tedes o paso a paso e o resultado final. Animádevos a facelas!








 


14/5/21

OBRADOIRO DE DANZA TRADICIONAL GALEGA

O alumnado de sexto recibiu un obradoiro de danza tradicional galega da man de Artur Puga (curmán de Tomé). Logo de realizar a actividade o alumnado aproveitou para entrevistalo na radio e así poder saber máis cousas sobre el e sobre a nosa cultura musical. 



10/5/21

RITMOS E ESCORNABOTS

 Esta semana na aula de música os maiores do cole estiveron traballando os ritmos cos escornabots. Así, en equipos de tres persoas e con instrumentos de percusión indeterminada, un grupo tocaba un ritmo dos que había no modelo e outro equipo tiña que colocar o escornabot naquela casa correspondente. 

Foi unha maneira moi divertida de traballar este contido da materia. 






19/3/21

8 MULLERES DO MUNDO DA MÚSICA

Dende a materia de música tamén se fixo unha aportación á celebración do Día da Muller. Consistiu en realizar dous padlets, un co alumnado de 6º A e o segundo co de 6º B. Cada neno/a elixiu unha muller ou grupo musical formado por mulleres do mundo da música (cantantes, compositoras, instrumentistas, etc) cuxa traxectoria está sendo ou foi decisiva para marcar pegada nos diferentes estilos musicais e por tanto, na historia da música. 

A verdade é que xurdiron eleccións moi interesantes e a todos nos gustou un montón coñecer máis de preto a algún dos referentes elixidos. Aínda que só oito foron as elixidas para poder levar á radio, todas nos parecen máis que importantes para ter en conta neste día. 

Esperamos que vos guste! Bo traballo rapazada!


Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

9/10/20

"AS MANS LIMPIÑAS"

O alumnado do mandilón morado subiu á radio a gravar a canción das mans limpiñas. Logo realizaron un vídeo con todos os pasos que temos que seguir para lavar moi ben as mans, pois xa sabemos que é importantísimo habitualmente, pero máis nos tempos que corren. 

O resultado non podía ser máis chulo! Searín xa canta a canción en bucle...e ti? Anímaste a cantala tamén mentres lavas as mans? 

Parabéns nenas e nenos!!