Mostrando las entradas con la etiqueta PDI "Expresarte". Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta PDI "Expresarte". Mostrar todas las entradas

16/6/23

VISITA NAI DE MARNIE

Hoxe o alumnado de 2º curso recibiu a visita de Jessica, a nai de Marnie, que é deseñadora gráfica e veu a falar do seu traballo nunha axencia publicitaria a través de tres espectaculares campañas feitas por ela. Contoulles moitas cousas, unha das máis importantes de onde sae a súa inspiración. A inspiración, dixo, está en todas partes.

No primeiro proxecto inspirouse no libro "Onde viven os monstros" para realizar a campaña dunha compañía de seguros polo seu décimo aniversario.

Para outro dos seus traballos, un calendario para unha importante compañía relacionada coa pesca, inspirouse nos collages de Mary de Lirios, e acompañou cada mes dun consello para coidar os mares e océanos.


A inspiración para a campaña do Festival Terraceo de Vigo sacouna de un xogo de mesa relacionado con robots.


Por último insinoulles algunhas dos seus centos de libretas que a acompañan sempre e nas que anota de todo, e preparou un obradoiro para ensinarlles a facer as súas propias libretas con papel reutilizado.



Aquí tedes o resultado final:

15/6/23

CONTACONTOS EN INFANTIL

 O alumnado de Educación Infantil gozou dun divertidísimo contacontos  "Pelliscos viaja con sus emociones" narrado pola súa autora, Patricia Merchán.

3/6/23

ITINERARIO LECTOR: PATIO DE LUCES

 Mural realizado polo alumnado de 2º curso despois da lectura do libro "Patio de luces" de Érica Esmorís.

29/5/23

BIBLIOEMOCIONAL EN 4 ANOS

Abaixo podedes ver todas as actividades que as crianzas de 5º de Ed. Infantil (catro anos) fixeron durante o curso para traballar as emocións.

TRABALLOS INSPIRADOS EN LODEIRO 5º

 

1/5/23

RETO EXPRESARTE DE ABRIL

 Aquí tedes as divertidas viñetas que fixestes polo Reto Expresarte de abril. Que risa!

26/3/23

RETO EXPRESARTE DE MARZO

 Aquí tedes algúns dos fantásticos autorretratos primaverais do reto Expresarte de marzo:

16/3/23

DÍA DAS ARTES GALEGAS: MARUJA MALLO

 O vindeiro 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, relacionado co noso proxecto anual Expresarte e o reto de marzo baseado en Maruja Mallo, decidimos profundizar na vida e obra desta artista.

9/3/23

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Toda a rapazada do cole reuniuse no patio para cantar unha nova versión da canción "Os días da semana" dos Pallasos da Tele. Rompendo cos roles tradicionais de xénero! 

28/2/23

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

 O alumnado de 3º e 4º curso foi hoxe ao Museo de Pontevedra onde poido gozar das obras de arte que hai alí.

12/2/23

A ARTE EN VERTICAL

A arte en vertical é unha maneira diferente de pintar, escribir , debuxar e tamén de escoitar  recitados de poemas gardados en códigos QR que favorece a coordinación óculomanual. mellora o tono muscular , a orientación espacial ...

A arte en vertical. Poema 4

 

A arte en vertical. Poema 3