Mostrando entradas con la etiqueta Día das Bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Bibliotecas. Mostrar todas las entradas

24/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: "CITA A CEGAS CUN LIBRO"

No día das Bibliotecas había un libro agardando por cada un dos alumnos e alumnas do cole, unha "cita a cegas", un libro sorpresa co que descubrir novos mundos e vivir grandes aventuras.


23/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS: CARTEL E CÓDIGOS QR

No Día das Bibliotecas invitámosvos a ver os dous vídeos aos que enlazan os códigos QR: "Érase una vez... las bibliotecas" e "Ler transpórtate".


    

26/10/24

ENTREVISTA Á ESCRITORA IRIA COLLAZO

O alumnado de quinto aproveitou a visita de Iria Collazo no Día das Bibliotecas para facerlle unha entrevista en Radio Seara. Contoulles cousas moi interesantes, como por exemplo que a súa primeira publicación foi nunha revista do Ceip Seara, onde gañou un premio literario.

21/10/24

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS


O xoves día 24 dende 4º de E.I. ata 3º de primaria gozaremos coas marabillosas historias que nos vai contar OLALLA (e tal vez teñamos unha visita sorpresa...)



O venres día 25 a escritora Iria Collazo contará ao alumnado de 4º, 5º e sexto de E.P.  a súa relación coas bibliotecas. Sabedes que Iria estudou no cole de Seara?

26/10/22

LIBROS SOLIDARIOS

Decidimos celebrar o Mercadillo de Libros Solidarios o 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. Foi todo un éxito e ata a prensa se fixo eco desta iniciativa. 

Moitas grazas a todos pola cosa colaboración!


29/10/21

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Polo Día das Bibliotecas  fixemos varias actividades: Cita a cegas cun libro misterioso, pasatempos con Searín, contacontos en Infantil e recomendacións lectoras.

Pasatempos, 24 de outubro, día internacional da biblioteca.

24/10/20

Feliz Día das Bibliotecas Escolares!! (Parte II)

O alumnado de Infantil tamén se sumou á celebración do Día das Bibliotecas Escolares. Neste caso a pregunta foi: Como sería a túa biblioteca ideal? O resultado foron uns debuxos fantásticos que lle deron moitas ideas a Searín de como mellorar a biblio!!

O resultado tamén se expuxo no corredor da biblio! 

Hai que ver o ben que debuxan estas crianzas!! Parabéns!!

 






 

Feliz Día das Bibliotecas Escolares!! (Parte I)

Este curso o Día da Bibliotecas Escolares foi diferente. Aínda que non o puidemos celebrar xuntos na biblio como facemos noutras ocasións, sí realizamos todos a mesma actividade. 

En relación co proxecto, lanzouse a seguinte pregunta: Como imaxinas ti o mundo dentro de 50 anos? Lápiz e cores en man coa nosa imaxinación por diante, puxémonos a debuxar como pensamos que poderá ser o mundo alá polo 2070. 

Expuxemos os traballos no corredor da biblio e aquí xurdiu a maxia: tantos resultados diferentes como probabilidades hai de que o mundo cambie nestes próximos anos.  Talvez no 2070 os robots formen parte das nosas vidas, pode que tamén nos despracemos polo aire de xeito habitual, mais tamén nos percatamos de que se non realizamos un cambio a nivel individual e colectivo é probable que o mundo tal e como o coñecemos agora sexa mellor que no 2070. 

Estes debuxos van ser sen dúbida un bo comezo para reflexionar sobre o camiño que debemos tomar. 

Cambio positivo ou negativo? Searín opta polo primeiro... e ti? Empezamos? 






29/10/19

ENCONTRO LECTOR NA BIBLIOTECA!

Co galo do día da Biblioteca Escolar, o alumnado de 5º B e 3º fixeron un encontro lector. Compartiron este día lendo e contando contos en parellas, gozando así dos títulos da biblioteca 
de Searín. 



27/10/19

O RAP DA BIBLIOTECA ESCOLAR!

E así quedou o rap que creamos e gravamos para celebrar o Día da Biblioteca Escolar. 
A Searín encantoulle! E a ti? 


24/10/19

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

Hoxe, 24 de outubro, é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. 


En breve contarémosvos que andivemos argallando para celebrar este día como se merece, mais... aquí vai unha pequena pista!


Continuará...

24/10/18

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares pedímoslle a nenos e nenas de todos os cursos que nos falaran da biblioteca do cole e dos libros que lles gustan. Abaixo tedes os vídeos, dende os maiores aos máis pequenos.




24/10/16

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celébrase o Día de todas as Bibliotecas. En Seara quisemos festexar este día debuxando a portada da nosa banda deseñada favorita. Aquí tedes o resultado: