Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas

29/5/26

VISITA DE RAMÓN D. VEIGA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria gozou coa visita de Ramón Veiga, quen lles falou do seu libro "Maios e Desmaios". Ademais aproveitou a ocasión para compartir co alumnado diferentes tradicións relacionadas coa noite máxica de San Xoán. A rapazada participou con moito interese e entusiasmo facendo moitas preguntas do seu libro e descubrindo moitas curiosidades sobre o San Xoán, especialmente sobre os rituais da auga e do lume.

Para rematar a actividade, todo o alumnado levou o seu exemplar asinado polo autor, polo que lle damos as grazas a Ramón pola visita ao noso centro e por compartir con nós os libros marabillosos que escribe, cos que soñamos, aprendemos e gozamos en cada lectura.

18/4/26

SABELA FERNÁNDEZ EN SEARA

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria tivo a sorte de coñecer á autora Sabela Fernández, creadora dun dos seus libros favoritos. Durante a visita, os nenos e nenas pasárono xenial facéndolle preguntas sobre a súa obra O ladrón de soños e descubrindo curiosidades sobre o proceso de creación das súas historias.

Como recordo deste encontro tan especial, todos os alumnos levaron o seu exemplar asinado pola autora, un detalle que, sen dúbida, gardarán con moito agarimo.

Moitas grazas por compartir o teu tempo e por regalarlos historias tan marabillosas. 

9/4/26

MIGUEL ANXO ALONSO DIZ EN SEARA

 Nesta ocasión foron os alumnos de terceiro os que tiveron a sorte de recibir a visita de Miguel co seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos".

25/5/25

KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA

 Como gozamos coa historia de Elefantita. Moitas grazas a Jacinto, o ilustrador do libro, e  á profe Gemma.

22/3/25

VISITA DA ESCRITORA ROSA ANEIROS

 O alumnado de 5º de educación primaria profundizou no libro de Rosa Aneiros "Faisca, a nena neandertal", obra que forma parte do seu itinerario lector para este curso 24-25. Tamén exhibiron na biblioteca os seus traballos plásticos, inspirados polo libro. Una maneira fermosa e estimulante de facer animación a lectura.


15/3/25

ANTONIO MANUEL FRAGA

O alumnado de cuarto de educación primaria tivo a sorte de coñecer, charlar e profundizar na novela     

"Papá caníbal", un dos itinerarios lectores deste curso, co seu autor Antonio Manuel Fraga.

13/3/25

IRIA MISA CO ALUMNADO DE 6º CURSO

 Iria Misa visitou a biblioteca e charlou co alumnado de sexto de educación primaria sobre o seu libro "A cidade do átomo" que forma parte dos itinerarios lectores deste curso 2024-2025.

11/2/25

EVA MEJUTO

 Visitounos a gran Eva Mejuto. Os seus contos son moi queridos polo noso alumnado, levánnos acompañando ao longo de moitos cursos. Grazas polo teu tempo e cariño.


15/6/24

A GAIVOTA GOURMET

 Con este vídeo do conto "A gaivota gourmet"  recordamos  a O HEMATOCRÍTICO, que nesta historia retrata ás gaivotas que cada día, despois do recreo, veñen comer ao CEIP Seara. E tamén queremos decirlle a todas as Moris que volvemos en setembro, e que aproveiten o verán para ir á praia. 

15/6/23

CONTACONTOS EN INFANTIL

 O alumnado de Educación Infantil gozou dun divertidísimo contacontos  "Pelliscos viaja con sus emociones" narrado pola súa autora, Patricia Merchán.

3/3/23

VISITA DO HEMATOCRÍTICO

Os rapaces e rapazas de Educación Infantil disfrutaron da visita do escritor O Hematocrítico, que os marabillou cos seus contos.

6/10/22

OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN CON LUZ BELOSO

Con motivo do Día do Sorriso tivemos a sorte de contar coa visita da profesora e ilustradora Luz Beloso. Son moitos os libros ilustrados por ela que temos na biblioteca, e o último, "O poder máxico do sorriso" de Talía Troitiño González, lémolo en todas as aulas e encantounos.

Así que convencemos a Luz para que viñese falarnos do seu traballo neste libro, e ela fixo dous obradoiros fascinantes de ilustración: un para a rapazada de 1º e 2º de primaria, e outro para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Moitas grazas, Luz, polo teu marabilloso traballo e polo teu tempo!

21/3/22

ANXO MOURE

Anxo Moure, unha vez máis , transmitiunos  todo o seu amor pola natureza.