Ao longo do curso o alumnado de 6º curso estivo gravando as noticias de cada semana en Radio Seara: Noticieiros Semanais
Podedes escoitalas mirando o seguinte listado (segue para abaixo) e seleccionando as distintas gravacións no noso Ivoox.
Ao longo do curso o alumnado de 6º curso estivo gravando as noticias de cada semana en Radio Seara: Noticieiros Semanais
Podedes escoitalas mirando o seguinte listado (segue para abaixo) e seleccionando as distintas gravacións no noso Ivoox.
A instalación " A maxia da diversidade", realizada polo alumnado de sexto con motivo do Día Mundial do Autismo, xa se pode ver nos Xardíns do Concello. Esta instalación está formada polos elementos máxicos das distintas criaturas máxicas galegas, uns elementos que fan diferentes a cada unha delas e que as definen. Alí un código QR vos leva ao audio explicativo que o alumnado gravou en Radio Seara, e que podedes escoitar máis abaixo.
A rapazada de 4º iniciouse no manexo e uso da radio con Radio Espora. Abaixo tedes as súas gravacións:
O alumnado de 5º curso de Primaria preparou este podcast sobre as figuras máxicas de Nadal e as tradicións destas datas en Galicia.
Deixámosvos aquí algunhas fotiños da instalación e do acto co que no Ceip Seara dixemos NON á violencia de xénero. Ademais podedes ver o vídeo que preparou a rapazada de Infantil para esta data e escoitar o manifesto que escribiu o alumnado de 5º curso.
Abaixo tedes algúns migallos cos que o alumnado pediu o seu agasallo nas aulas que lles corresponderon.
Despois dunha moi interesante charla na Biblioteca do escritor Miguel Alonso Diz co alumnado de terceiro que leu o seu libro "Axencia Galega de Asuntos Máxicos", pareceunos moi importante que contestase en Radio Seara á pregunta de cales foron as súas razóns para escribir dito libro.
Este 1 de abril, adicamos o traballo para profundizar na arte galega a Castelao e a súa obra arredor do mundo dos nenos.
A rapazada de 2º curso cóntanos o conto poemado "Oso mimoso" de Bernardino Graña.
Onte faleceu en Nigrán Bernardino Graña, o poeta do mar do Morrazo. Sempre formará parte do CEIP Seara, dende hai moitos anos unha das aulas leva o seu nome. O curso pasado o alumnado de terceiro de Educación primaria gravou na radio o poema " Oda ós mariñeiros de Cangas" repetimos a gravación como recordo.
Como sabedes facer un programa de radio non é so aprender como se grava. Co fin de mellorar a realización dos programas de radio que facemos, recibimos a formación de Radioespora sobre como preparar o programa, tema, locutores, as cortinillas... e o máis importante: o guión. Velaquí os resultados dos programas que fixemos por grupos.
A rapazada de 4º curso realizou un obradoiro con Denis, formador de Radio Espora. Grabaron uns programiñas e agora xa saben como funciona Radio Seara. e poden grabar eles mesmos. Aquí tedes unhas fotos e abaixo podedes escoitar os programas que grabaron.
Tamén este ano fomos todos os cursos polas aulas a pedir O Migallo. Aquí tedes as composicións que 2º e 6º curso fixeron para a ocasión.
Aquí podedes escoitar as historias de medo e terror que fixeron os nenos e nenas de 5º polo Samaín.
O alumnado de quinto aproveitou a visita de Iria Collazo no Día das Bibliotecas para facerlle unha entrevista en Radio Seara. Contoulles cousas moi interesantes, como por exemplo que a súa primeira publicación foi nunha revista do Ceip Seara, onde gañou un premio literario.