Xa anda polas aulas a Maleta Viaxeira de Poesía do Equipo de Biblioteca do CFR de Vigo
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
29/3/19
28/3/19
POEMA DOS NOMES
Os nen@s de 3º A recitan o poema que escribieron sobre os seus nomes.
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Mes da poesía,
poemas,
Radio na Biblio,
Radio Seara
27/3/19
POESÍA IMPROVISADA EN CUARTO
Neste mes da poesía os rapaces e rapazas de cuarto estiveron regueifando. Abaixo podedes escoitar o ben que o fan.
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Mes da poesía,
Poesía,
poesía improvisada,
Radio na Biblio,
Radio Seara,
regueifas
26/3/19
TERCEIRO RECITA POEMAS EN RADIO SEARA
Os rapaces de terceiro recitaron poemas de Antonio García Teijeiro relacionados coas estación do ano.
Etiquetas:
Mes da poesía,
poemas,
Radio na Biblio,
Radio Seara,
recitado
25/3/19
RECITADOS NO MES DA POESÍA
Os nenos e nenas de segundo celebran a chegada da primavera recitando poemas. Abaixo recitan o poema de Antonio García Teijeiro No País das Bolboretas e recitan tamén algúns Poemas vexetais moi divertidos relacionados cos alimentos.
Etiquetas:
alimentos,
Curso 2018-2019,
García Teijeiro,
Mes da poesía,
primavera,
Radio na Biblio,
Radio Seara,
recitado
21/3/19
SEGUNDO RECITA Á PRIMAVERA EN RADIO SEARA
Aquí podedes escoitar ao alumnado de 2º recitando o poema Doña Primavera de Gabriela Mistral
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Mes da poesía,
Radio na Biblio,
Radio Seara,
recitado
20/3/19
ESCORNABOT E RECTA NUMÉRICA EN INFANTIL
Esta actividade fíxose en distintas sesións nas aulas de 3, 4 e 5 anos. Cada aula dividiuse en grupos. Cada grupo ten unha recta numérica do 0 ao 12, un dado e un escornabot. Por quendas, un nen@ tira o dado, e segundo o número que toque no dado leva o escornabot dende o 0 ata ese número. Na aula de 5 anos fixeron unha segunda parte desta actividade: cada grupo tiña dous dados que lanzaban e tiñan que sumar o resultado para saber ata que número tiña que ir o escornabot.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
escornabots
19/3/19
É TEMPO DE ENTROIDO
Coñecemos os Entroidos ancestrais galegos coa axuda do libro " É TEMPO DE ENTROIDO" e do panel que para os escornabots preparou cuarto.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
escornabots
18/3/19
SEMANA DA PRENSA: NOTICIAS POSITIVAS
Do 11 ao 15 de marzo celébrase a Semana da prensa na escola. Os rapaces de terceiro iniciaron a busca de noticias positivas nos periódicos, así quedou a súa corcheira:
Etiquetas:
noticias,
proxecto "Comunicando",
semana da prensa,
xornal
15/3/19
O ESCORNABOT E O NOME: AULAS DE 4 E 5 ANOS
Esta actividade levouse a cabo nas aulas de 4 e 5 anos. Agrupáronse @s nen@s en grupos de 5 como máximo. Entregouselles a cada grupo a plantilla do escornabot en tamaño A4 en branco. Cada nen@ tiña que escribir o seu nome nun dos cadrados e podía adornalo.
A continuación colocouse o escornabot nunha casilla e cada neno tivo que ir por turnos levándoo ata o seu nome.
Ademais na clase de 5 anos fixeron unha segunda parte: @s nen@s tiñan que levar o escornabot ata o nome dun compañeiro, sen dicir de quen se trataba. Ao chegar, tocáballe a queda a ese compañeiro, que o levaba ata o seguinte. Os demás do grupo tiñan que adiviñar a onde se dirixe o escornabot.
A continuación colocouse o escornabot nunha casilla e cada neno tivo que ir por turnos levándoo ata o seu nome.
Ademais na clase de 5 anos fixeron unha segunda parte: @s nen@s tiñan que levar o escornabot ata o nome dun compañeiro, sen dicir de quen se trataba. Ao chegar, tocáballe a queda a ese compañeiro, que o levaba ata o seguinte. Os demás do grupo tiñan que adiviñar a onde se dirixe o escornabot.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
escornabots
7/3/19
XOGO LIBRE COS ESCORNABOTS
Para que os pequenos se familiarizasen cos escornabots programouse unha actividade de xogo libre na aula de catro anos. O alumnado dividiuse en catro grupos, sentados no chan, co escornabot no medio, dábanlle por turnos aos botóns para que o escornabot bailara ou se movera.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Curso 2018-2019,
escornabots,
xogo
5/3/19
ENTREVISTA A ELENA PAREDES, NAI DE MARIO DE 6º CURSO
As nosas axudantes de Biblioteca entrevistaron a Elena, a nai de Mario de 6º curso, que foi a que este curso fixo o boneco da nosa mascota da biblioteca, Searín, anteriormente tamén fixo o Searín xigante que todos os anos vai na nosa carroza do Entroido.
Aquí tedes unha foto do Searín que Elena fixo para a nosa biblioteca:
Aquí tedes unha foto do Searín que Elena fixo para a nosa biblioteca:
4/3/19
AS NOSAS MURGAS DE ENTROIDO E O TESTAMENTO DO MECO
Aquí podedes botarlle unha ollada ás murgas que os distintos grupos escribiron para a celebración do Entroido:
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Entroido,
murgas,
proxecto "Comunicando",
testamento do Meco
3/3/19
ENTROIDO XORNALÍSTICO EN SEARA
Un ano máis chegou o Entroido ao noso colexio. Como non podía ser doutra forma, disfrazámonos de xornalistas: con cámaras de Caranguexo TV, con micrófonos de Radio Seara e cuns estupendísimos chalecos coa prensa escrita neles.
Etiquetas:
Caranvexo TV,
Curso 2018-2019,
Entroido,
proxecto "Comunicando",
Radio Seara,
xornal,
xornalismo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)