A semana do Entroido resultou moi divertida coas ordes do Meco.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
28/2/22
26/2/22
NEGRA SOMBRA
O alumnado do Ceip Seara adícalle o poema Negra Sombra aos mariñeiros do Villa de Pitanxo.
25/2/22
24/2/22
23/2/22
OBRADOIRO DE PILABOT
Como sabedes estamos a participamos no concurso de recollida de pilas de Pilabot. E dentro desta actividade tivemos a sorte de que ao alumnado de cuarto lles tocara un obradoiro sobre a reciclaxe dos distintos tipos de pilas e acumuladores. Resultou unha actividade moi interesante e tamén moi divertida. Seguimos aprendendo e traballando para coidar o noso planeta!
20/2/22
ORDES DO MECO
16/2/22
QUINTO APRENDE A REGUEIFAR
Dentro das actividades propostas polo Concello, recibimos a visita de "Pinto de Herbón" e Luís "O Caruncho" que lle amosaron á rapazada de quinto como crear regueifas.
14/2/22
DÍA MUNDIAL DA RADIO
A través da canle do Día Mundial da Radio (https://es.unesco.org/commemorations/worldradioday) participamos na celebración deste día para concienciar a todos da importancia da radio. Este ano celébrase coa temática "Confianza no xornalismo radiofónico". A partir deste tema e, colaborando con Radio Espora e outros centros escolares galegos, gravamos unhas noticias falsas e uns consellos sobre como detectalas.
Coa elaboración de noticias falsas queremos concienciar da necesidade de que os xornalistas e os medios respecten as normas básicas dun xornalismo ético. Que se dean noticias certas e verificables, e que se faga polo ben de todos, cun fin de interese público, que esixa responsabilidades aos poderosos e que axude a sociedade a construir un futuro mellor para todos.
Aquí tedes o programa: O inicio é moi interesante, e tamén as aportacións dos outros coles (un pouquiño antes do minuto 11 empeza a nosa participación, feita polo alumnado de cuarto curso).
13/2/22
11F: CIENCIA EN FEMININO
Con motivo do 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia e coa intención de levar a ciencia ás aulas, Faro da Escola invitounos a participar a través de Zoom das charlas das científicas do CSIC Cristina Álvarez (da Unidade de Tecnoloxía Mariña) e Lara García (do Instituto de Investigacións Mariñas).
Os máis pequenos (ata cuarto curso) uníronse á primeira charla, e os máis maiores á segunda. Falaron sobre a súa traxectoria, explicaron en que consiste o seu traballo e compartiron fotos e vídeos moi interesantes sobre o mesmo. Ademais os rapaces tiveron ocasión de preguntar as súas dubidas e curiosidades.
A MULLER E A NENA NA CIENCIA EN INFANTIL
Un ano máis contamos coa colaboración das familias para que nos falen de ciencia e dos seus traballos. Moitas grazas!
11/2/22
O mundo de Inho
En 6º participamos no obradoiro de Portugués O mundo de Inho.
É un obradoiro dirixido a 6º de primaria para amosarlles a alumnas e alumnos diferentes chaves
culturais do mundo lusófono, ademais de facerlles descubrir a facilidade para leren textos en
portugués e así achegarlles a lingua portuguesa. O obradoiro foi pensado, desenvolvido e
impartido pola AGAL (As. Galega de Lingua), unha entidade que promove a difusión na Galiza
do mundo que se expresa en portugués.
CIENCIA NA RADIO 5!
10/2/22
CIENCIA NA RADIO 4!
Como ides cos retos? Estades acertando? Aí vai o cuarto!
9/2/22
CIENCIA NA RADIO 3!
Aquí tedes o terceiro programa co reto que nos propoñen dende a Biblio. Imos aló!
8/2/22
CIENCIA NA RADIO 2!
Aquí está o novo programa de Ciencia Na Radio onde Searín propón un novo reto para pensar con motivo do Día da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Será moi difícil?
7/2/22
CIENCIA NA RADIO 1 !
Dende a biblioteca, Searín proponvos uns retos científicos para celebrar o Día Mundial da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Aquí tedes o primeiro, a ver se acertades a resposta!
2/2/22
ENTREVISTA A VERÓNICA, A AUXILIAR DE CONVERSA
1/2/22
E TI, DE QUE TE QUERES CONTAXIAR?
21 días en galego
Arranca a campaña coa participación, por cuarto curso consecutivo, de todos os centros escolares do Concello de Moaña.
En primeiro gozaron coa exclusiva actuación de Magín Blanco para o Concello de Moaña no espectáculo Xirarei cos Bolechas. Todos os martes e xoves destas tres semanas iranse facendo públicos os vídeos deste proxecto. Toca cantar e bailar cos Bolechas!