Ao longo desta semana na biblioteca tivemos distintos obradoiros creativos para todo o alumnado. Estes obradoiros levounos a cabo "Trazos", partindo de contos e historias abraiantes Patricia soubo mergullarnos nun mundo de fantasía e creatividade.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
30/5/26
29/5/26
VISITA DE RAMÓN D. VEIGA
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria gozou coa visita de Ramón Veiga, quen lles falou do seu libro "Maios e Desmaios". Ademais aproveitou a ocasión para compartir co alumnado diferentes tradicións relacionadas coa noite máxica de San Xoán. A rapazada participou con moito interese e entusiasmo facendo moitas preguntas do seu libro e descubrindo moitas curiosidades sobre o San Xoán, especialmente sobre os rituais da auga e do lume.
Para rematar a actividade, todo o alumnado levou o seu exemplar asinado polo autor, polo que lle damos as grazas a Ramón pola visita ao noso centro e por compartir con nós os libros marabillosos que escribe, cos que soñamos, aprendemos e gozamos en cada lectura.
25/5/26
PROGRAMA COMUNICARNOS EN EDUCACIÓN INFANTIL
Ao longo do curso o profesorado traballou o Programa Comunicarnos co alumnado de Ed. infantil.
Comunicarnos é unha proposta de traballo secuenciada e organizada que pretende mellorar o desenvolvemento da linguaxe oral así como preparar e facilitar a aprendizaxe do proceso lectorescritor mediante o desenvolvemento de habilidades metalingüísticas.
En catro anos trabállase a conciencia silábica e faise un repaso do anterior (clasificar frases segundo o número de palabras, compoñer ou descompoñer palabras compostas, contar sílabas, xuntar ou cambiar sílabas para formar novas palabras, identificar a sílaba inicial ou final, identificar palabras que comezan ou rematan igual, ordear sílabas para formar palabras...).
En cinco anos faise un repaso de todo o anterior e trabállase a conciencia fonémica e o principio alfabético (articular fonemas sen apoio visual, separar sons en sílabas, identificar o fonema que soa, identificar o fonema inicial ou final, buscar onde leva o son, engadir fonemas, adiviñar palabras segundo o son, dicir os sons dunha palabra, asociar fonema con grafema ou grafemas...).
22/5/26
21/5/26
19/5/26
18/5/26
A GALICIA MÁXICA CON SOLEDAD FELLOZA
17/5/26
LETRAS GALEGAS
15/5/26
VÍDEO SOBRE BEGOÑA CAAMAÑO
Precioso vídeo o que fixo o Seminario Galán sobre a vida de Begoña Caamaño, a homenaxeada nas Letras Galegas deste ano.
DÍA DA FAMILIA: AGASALLOS EN 4 ANOS
Os nenos e nenas de 5º curso de Educación Infantil tinguiron sal fina con xiz para facer uns preciosos botes de sal de cores da primavera, que regalaron o 15 de maio, Día Internacional das Familias.
14/5/26
LECTURAS COMPARTIDAS: CONTACONTOS
O alumnado de 5º curso de ED. Primaria foi ao longo destas últimas semanas (empezaron a Semana do Libro) a facer de contacontos a 1º de Ed. Primaria.
13/5/26
TRABALLANDO A HISTORIA EN 6º CURSO
O alumnado de sexto elaborou unha televisión de cartón na que se poden visualizar as diferentes etapas, da Prehistoria ata a Idade Contemporánea.
Esta actividade enmárcase nun traballo de investigación no que o alumnado afondou nas distintas etapas da Prehistoria e da Historia a través da consulta de diversas fontes de información. Posteriormente, no marco da Biblioteca Creativa do centro, transformaron os coñecementos adquiridos nun produto artístico e manipulativo, empregando unha televisión de cartón como soporte para representar visualmente os períodos estudados.
A etapa na que máis se detiveron foi a Idade Contemporánea, debido á súa relevancia para comprender o mundo actual.
Como peche da actividade, o alumnado realizará unha exposición oral por grupos diante dos seus compañeiros e compañeiras. Cada grupo centrará a súa presentación nun acontecemento histórico concreto, como a Guerra Civil Española, a Segunda Guerra MUndial, ou o Franquismo, compartindo os coñecementos adquiridos e favorecendo a reflexión sobre estes períodos da nosa historia.
10/5/26
PROXECTO ABELLAS EN 4 ANOS
Na mesa sensorial crearon diferentes colmeas para que vivisen as abellas e tamén elaboraron floreiros e flores. Ademais realizaron distintas mandalas de flores con pedras de cores vivas e tamén as construíron con pezas de policubos. Outra das actividades levadas a cabo foi converterse en abellas e recoller o néctar das flores.
8/5/26
OBRADORIO DE IGUALDADE CON ALICCE
O alumnado de 5º de ed. Primaria participou nun obradoiro de igualdade durante tres sesións que lles deron a oportunidade de debater, analizar, reflexionar, compartir opinións e experiencias, identificar estereotipos, poñer en común, cooperar e desenvolver a empatía. Moitas grazas, Bibi, por axudarnos a fomentar valores de convivencia e respecto mutuo!
4/5/26
OS MAIOS EN SEARA
Todos os anos celebramos no colexio Os Maios, pero este curso foi unha celebración aínda máis especial, xa que pertence a nosa "Galicia Máxica", é unha festa popular que vén de moi antigo (de civilizacións celtas e prerromanas ) e que celebra e exalta a natureza e a chegada da primavera. Aquí tedes o vídeo da celebración e máis abaixo algunhas fotiños dos preparativos e da celebración.






.jpg)

.png)



