O alumnado de 6º B representou a obra de Carlos Casares "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Espectacular a súa posta en escena e moi divertida!
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
26/5/17
TEATRO DE "A GALIÑA AZUL" EN 2º CURSO
Os nenos e nenas de 2º curso teatralizaron tres dos contos do libro de Carlos Casares "A galiña azul": "O peixe da fonte do xardín", "A bomba da felicidade" e "A galiña azul". Estes rapaces son uns actores estupendos!
25/5/17
OBRA DE TEATRO SOBRE A COMICON
Os nenos e nenas de cuarto curso realizaron unha obra de teatro sobre a Comicon Intercentros deste ano: aquí tedes algún fragmento, quedoulles chulísimo!
24/5/17
CURTA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Ao longo do curso alumnos de 5º e 6º tiveron un obradoiro de cine. Aquí tedes o resultado do moito que traballaron. Noraboa!
19/5/17
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA DO CONCELLO
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no Concurso de Banda Deseñada do Concello.
Etiquetas:
Banda deseñada,
concurso,
proxecto "Anímate"
18/5/17
16/5/17
11/5/17
8/5/17
COMICON INTERCENTROS DE MOAÑA
Os días 12 e 13 de maio terá lugar a Comicón Intercentros de Moaña a partir dunha iniciativa do IES A Paralaia. O noso cole participa xunto con outros centros. Na página web de A Paralaia tedes toda a información actualizada das actividades que se realizan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)