O alumnado de 5º curso iniciouse no manexo de Microbit no obradoiro impartido por Paola Guimeráns.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
30/5/23
ERGÓMETROS EN SEARA
O alumnado toma contacto con unha das paixóns da nosa vila o REMO, coa axuda dos deportistas da Sociedade Deportiva SAMERTOLAMEU
29/5/23
BIBLIOEMOCIONAL EN 4 ANOS
Abaixo podedes ver todas as actividades que as crianzas de 5º de Ed. Infantil (catro anos) fixeron durante o curso para traballar as emocións.
28/5/23
POEMAS EN SEGUNDO DE PRIMARIA
O alumnado de 2º curso preséntanos os poemas que (ademais do de Campanas de Bastabales) aprenderon este curso.
26/5/23
NOVA XORNADA DE XOGADE EN PONTEVEDRA
O alumnado de 5º curso participou con outros centros da provincia nunha nova xornada de Xogade, disfrutaron dun día de compañerismo e ademais obtiveron moi bos resultados.
QUINTO CONTA
25/5/23
24/5/23
CONTOS NO CAMIÑO
O alumnado de 1º e 2º curso realizou hoxe unha saída pola ribeira do río da Fraga (tamén chamado río dos Ladróns). Nesta actividade únense dúas premisas: coñecer parte da Variante do Morrazo do Camiño Portugués pola Costa e o proxecto "Contos nos Carreiros". O certo é que lles gustou moitísimo!
23/5/23
VÉN AO CORRELINGUA DE MOAÑA
Aquí tedes o vídeo que gravado entre todos os centros educativos de Moaña para celebrar o Correlingua.
20/5/23
OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS
Estes días tivemos no colexio aos Técnicos en Emerxencias Sanitarias galegos que impartiron uns obradoiros para toda a rapazada do centro sobre primeiros auxilios básicos.
19/5/23
XIMCANA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Os maiores do cole, de 3º a 6º, divertíronse e aprenderon moitas cousas sobre Francisco Fernández del Riego, o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, cunha ximcana.
18/5/23
CINEMA CON PERSPECTIVA EN 5º CURSO
Dentro do programa da Consellería de Cultura de "Cinema con perspectiva" o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria puido disfrutar da proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero co obxectivo de fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e ad desigualdades.
15/5/23
10/5/23
8/5/23
ROTEIRO APRENDE MOAÑA
O alumnado de quinto curso fixo un roteiro polo río dentro do programa do Concello de Moaña "Aprende Moaña".
5/5/23
SEARA ANTI-BULLYING
Dende o Departamento de Orientación en colaboración coa a Bibilioteca preparouse material para traballar nas aulas. O alumnado de segundo, a partir de videos, contos e imaxes, debatiron e dialogaron spbre o acoso escolar. Despois plasmaron as reflexións ás que chegaron nos seus propios carteis sobre o Bullying.
3/5/23
VISITA DE FINA CASALDERREY
Despois de gozar da lectura do libro "O xenio da cidade de sal" o alumnado de quinto tivo a sorte de coñecer e falar coa súa autora, Fina Casalderrey.
1/5/23
RETO EXPRESARTE DE ABRIL
Aquí tedes as divertidas viñetas que fixestes polo Reto Expresarte de abril. Que risa!