A rapazada de 5 anos e 1º de primaria realizou un obradoiro coa Fundación Meniños no que traballaron as emocións.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
22/11/25
27/5/25
OBRADOIRO RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
A resolución de conflictos de diversas formas e un dos obxectivos de este curso.Para afondar neste tema tan importante na escola neste momento traballamos tamén na aula con expertos externos.
8/2/23
A QUE SABE A LÚA?
Durante varias sesións os alumnos de 2º de E.P. traballaron o conto “A QUE SABE A LÚA” realizando diversas actividades, que axudaron a favorecer o diálogo, promover as competencias persoais e sociais como a empatía, identificación/expresión emocional, o compañeirismo, o esforzo, o traballo en equipo, a creatividade…
Como actividade final fixeron un mural onde, “construímos” unha MONTAÑA DE AMIGOS para alcanzar un anaquiño de lúa e imaxinar a que sabería e que fariamos con ela. Todos decidiron: COMPARTILA
7/11/22
UNHA CHEA DE EMOCIÓNS MONSTRUOSAS!
Aproveitando que o Samaín dedicámolo aos monstros, chegaron a clase unha chea deles. Xogamos e clasificámolos, xa que había monstros tristes, alegres, enfadados e ata algún namorado.
3/11/22
SAMAÍN EN SEARA
Neste Samaín ademais de cabazas espectaculares e disfraces terroríficos houbo obradoiros de monstros para decorar os corredores, cancións monstruosas (que podedes ver no segundo video), recreacións de O Berro de Munch, monstros de Borktus Leer feitos polos máis pequenos e contacontos de profesores e de alumnos (estes últimos escribiron os seus propios Contos de Medo).
E como non nos gusta nada ter medos, desfixemos deles na SuperCabaza de Seara.
16/10/22
15/10/22
CONTOS E EMOCIÓNS: GARAVANCIÑO
En segundo están traballando as emocións a través dos contos. Con Garavanciño déronse conta do importante que é coñecerse e confiar nun mesmo.
23/9/22
SEGUNDO ACUDE AO FIC BUEU
Aquí tedes unha pequena presentación sobre as emocións que as pelis lles xeneraron e dúas fotiños dese día.
19/9/22
O NOSO PROXECTO: EXPRESARTE
Este ano o noso Proxecto vai sobre as EMOCIÓNS e tamén sobre como podemos expresalas a través do ARTE.
O alumnado de sexto fixo un precioso cartel para ilustralo.
13/10/20
Lecturas que nos unen
En Educación Infantil descubriron este conto marabilloso!

.jpg)
.jpg)
.jpg)

















