Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

5/12/25

MES DA CIENCIA: EXPERIMENTOS NAS AULAS

Durante este mes de novembro, como podedes ver no video inferior, os experimentos inundaron as aulas.

15/11/25

RETOS DO MES DA CIENCIA EN GALEGO: DETECTIVES STEM

 Xa andan moitos detectives pola biblioteca investigando para poder unir os nomes de científicas e científicos galegos do panel (Ángel Carracedo, Rita Fernández Queimadelos, Ángeles Alvariño, Domingo Fontán e Begoña Vila)  coa imaxe que se corresponde coa súa profesión steam, e tamén para poder descubrir os seus logros.

22/11/22

20 ANOS DA CATÁSTROFE DO PRESTIGE

Este novembro cúmprense 20 anos do desastre do Prestige, que provocou a peor catástrofe ecolóxica da historia de España: unha marea negra que afectou especialmente á costa galega.

9/2/22

CIENCIA NA RADIO 3!

 Aquí tedes o terceiro programa co reto que nos propoñen dende a Biblio. Imos aló!

8/2/22

CIENCIA NA RADIO 2!

Aquí está o novo programa de Ciencia Na Radio onde Searín propón un novo reto para pensar con motivo do Día da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Será moi difícil?

7/2/22

CIENCIA NA RADIO 1 !

Dende a biblioteca, Searín proponvos uns retos científicos para celebrar o Día Mundial da Radio e o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Aquí tedes o primeiro, a ver se acertades a resposta!

27/11/18

A CIENCIA NOS XORNAIS

Os rapaces de 1º, 3º e 4º buscaron noticias relacionadas coa Ciencia nos xornais. O seu traballo plasmouse nestes murais:



26/11/18

NOTICIAS CIENTÍFICAS DA HISTORIA

O alumnado de 6º realizou unha línea do tempo coas noticias científicas máis importantes da historia da humanidade.

7/11/18

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIAS NA BIBLIOTECA

Moitos son os libros relacionados coa Ciencia que temos na nosa Biblioteca, así que os encargados tiveron a idea de expoñer unicamente os que teñen a palabra CIENCIA na súas portadas.

6/6/18

REPORTAXE SOBRE A EXPOSICIÓN "OS CONTOS E A CIENCIA"

Os rapaces de sexto gravaron esta reportaxe sobre a nosa exposición da biblioteca para colaborar co Concello na posta en marcha da Televisión Escolar de Moaña.

25/5/18

MALETA VIAXEIRA "MIRANDO AO CEO"

De Vigo chegounos unha mochila con libros sobre o Universo e o Sistema solar. Interesantísima!


23/5/18

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS III

Os nenos e nenas de 4º de Primaria escribiron en grupos unha pequena obra de teatro coa finalidade de representala no festival das Letras Galegas. Con esta actuación poñen en valor o uso da lingua galega na escritura creativa e tamén na temática científica xa que o texto reflexa o traballo realizado durante o curso dentro do proxecto común de centro " Seara Experimentes ".

7/5/18

MALETA "A VIDA DAS PLANTAS"

Gozando da maleta viaxeira "A vida das plantas"


25/4/18

DÍA DO LIBRO: OS CONTOS E A CIENCIA

O 23 de abril inauguramos na nosa biblioteca a exposición "Os Contos e a Ciencia". Nela podemos ver o traballo realizado nas distintas aulas e a íntima relación que hai entre a Literatura e a Ciencia.
O alumnado de tres anos chegou ao mundo dos sentidos a través do conto de "Carapuchiña vermella". Os nenos e nenas de catro e cinco anos traballaron as cores, as súas mesturas e a importancia da cor branca a través de dous  libros: "Cores" de Hervé Tullete e "O branco non pinta" de Antía Otero e María Brenn.
En primeiro curso, e a través dos libros de Eric Carle, aprenderon sobre os artrópodos. En segundo, co libro de "Alicia no país das marabillas", as proporcións.
En terceiro, descubriron "Pinocho" e a súa relación cos autómatas, os robots e o libro "Fred Quincalla" de Teresa González Costa. En cuarto, con "O Principiño" aprenderon cousas dos planetas, as plantas e as flores, a migración das aves e a imaxinación.
O alumnado de quinto con "Peter Pan" investigou entre outras cousas sobre o volume, a masa e a razón pola que Peter Pan podía voar. E en sexto sorprendéronse ao descubrir como Xulio Verne foi un adiantado ao seu tempo e a moitos descubrimentos científicos.
E tampouco podemos esquecer a espectacular nave que nos fixo a profe Jeny e onde expusemos todos os libros relacionados co sistema solar e o universo.
Non vos perdades as fotos e noraboa a todos polo voso traballo!

20/4/18

CHARLA DA CIENTÍFICA Mª HELENA RODRÍGUEZ SOBRE OS PARASITOS

O venres 20 de abril recibimos en Seara a visita de Mª Helena Rodríguez Domínguez, que é cientifica no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, e é tamén tía de Ada. A súa charla sobre "Os Parásitos. Curioso xeito de vivir xuntos" foi do máis interesante e os alumnos de 4º, 5º e 6º aproveitarona moito. Moitas grazas, Helena.

              

12/3/18

FALAMOS COA ENXEÑEIRA SONIA VALADARES

O 9 de marzo visitounos a enxeñeira Sonia Valladares. Non solo nos falou do seu interesante traballo, tamén nos deu unha marabillosa charla sobre mulleres científicas con "trivial" incluido.



CAMPIONA DO CONCURSO DE PISTAS

Ana Couso del Río foi a gañadora do sorteo do Xogo de Pistas do Día da Muller, aínda que houbo premios para todos os acertantes.