Mostrando las entradas con la etiqueta Camiño de Santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Camiño de Santiago. Mostrar todas las entradas

15/10/25

6º CHEGOU A SANTIAGO!

O alumnado de 6º realizou un tramo do Camiño de Santiago. En barco ata Vigo, en tren ata Padrón, e en dous días camiñaron de Padrón a Santiago. Unha experiencia inesquecible!

10/10/25

SEXTO PREPARA O CAMIÑO DE SANTIAGO

 O alumnado de sexto estivo estes días preparando a súa saída dende o Ceip Seara ata Santiago de Compostela. Aquí tedes o tríptico que elaboraron sobre a viaxe e a compostela que van recibir se rematan este treito do Camiño.

     



23/10/24

SEXTO NO CAMIÑO

Como cada ano, o alumnado de Sexto de Ed. Primaria realizou un tramo de Camiño de Santiago. Unha experiencia moi enriquecedora onde viviron momentos de risa, de esforzo, de compartir, de poñerse no lugar do outro, de valorar...

"Unha aprendizaxe da vida e para a vida".




21/10/23

O CEIP SEARA NO CAMIÑO

Sexto de primaria e o EDLG do CEIP Seara andiveron, suaron e sobre todo gozaron facendo dúas etapas do camiño.


24/5/23

CONTOS NO CAMIÑO

 O alumnado de 1º e 2º curso realizou hoxe unha saída pola ribeira do río da Fraga (tamén chamado río dos Ladróns). Nesta actividade únense dúas premisas: coñecer parte da Variante do Morrazo do Camiño Portugués pola Costa e o proxecto "Contos nos Carreiros". O certo é que lles gustou moitísimo!


12/10/22

CHEGARON A SANTIAGO!

Tras moito sufrimento e diversión o alumnado de Sexto chegou a Santiago!


4/10/22

PREPARANDO O CAMIÑO

 Os nenos e nenas de sexto van facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago, polo que están informándose, preparándose e aprendendo. Ademais dun mural prepararon un folleto explicativo, unha credencial do peregrino e unha compostela.