Abaixo tedes algúns migallos cos que o alumnado pediu o seu agasallo nas aulas que lles corresponderon.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
4/11/25
3/11/25
SAMAÍN EN SEARA
Un ano máis vivimos ao grande o Samaín en Seara: obradoiros de luz negra, adornos nas clases e corredores, manualidades para facer os agasallos do Migallo, obradorios sensoriais, exposición de cabazas na entrada do cole, contos de medo, composición e petición do Migallo polas aulas, gravación de programas de radio, cine, merendas terroríficas... Todo sen esquecer as nosas tradiccións e os seres máxicos desta época.
27/10/25
3/11/24
SAMAÍN 2024
Nestes días de Samaín os obradoiros deron moito xogo: obradoiro de luz negra, a nosa amiga a escuridade, creación de contos de medo e horribeis historias de sombras, pintura de caras, contos de luces e sombras, mesas sensoriais e de xogos de mesa. Lectura e interpretación de contos terroríficos e divertidos, gravacións na radio, exposición de cabazas... E cando por fin chegou o día disfrazámonos, fomos pedir o migallo e recibimos o agasallo correspondente, escoitamos historias de medo, librámonos dos medos na "cabaza come medos" e ao rematamos... como non! Cunha merenda chea de alimentos horripilantes e deliciosos.
O Samaín en Seara cada ano máis terrorífico!
1/11/24
PEDIMOS O MIGALLO
Tamén este ano fomos todos os cursos polas aulas a pedir O Migallo. Aquí tedes as composicións que 2º e 6º curso fixeron para a ocasión.
30/10/24
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Un ano máis as cabazas de Seara son impresionantes. Moitas grazas a todo o alumnado e as súas familias por un traballo marabilloso.
29/10/24
PANTASMAS EN 2º CURSO
Polo Samaín os nenos e nenas de 2º fixeron un proxecto electrónico en papel. O material necesario foi: un debuxo de pantasma e outro da parte que se verá en raios X, rotuladores de cores, un diodo led, unha pila e cinta de cobre conductora. Aquí tedes o resultado:
28/10/24
CONTOS DE MEDO EN 5º CURSO
Aquí podedes escoitar as historias de medo e terror que fixeron os nenos e nenas de 5º polo Samaín.
27/10/24
LECTURAS DO SAMAÍN
Nesta ocasión son Niara, Mara C. e Mara P. as que nos recomendan catro libros para Samaín.
LECTURAS DO SAMAÍN
Espeluznante o conto que nos conta Bruno e ten un final sorprendente.
LECTURAS DO SAMAÍN
LECTURAS DO SAMAÍN
Recomendación de Valeria F. para o Samaín.
LECTURAS DO SAMAÍN
LECTURAS DO SAMAÍN
O alumnado de 6º gravou unhas recomendacións lectoras para Samaín. Esta é unha das de Bruno.
3/11/23
30/10/23
SAMAÍN: LECTURAS MONSTRUOSAS
O Samaín é un bo momento para sentir moito medo lendo estes e outros libros.
7/11/22
UNHA CHEA DE EMOCIÓNS MONSTRUOSAS!
Aproveitando que o Samaín dedicámolo aos monstros, chegaron a clase unha chea deles. Xogamos e clasificámolos, xa que había monstros tristes, alegres, enfadados e ata algún namorado.
6/11/22
O BERRO: ARTE E EMOCIÓN
No proxecto de Expresarte non podiamos deixar de falar de "O berro" de Munch, un cadro onde se mesturan claramente as emocións e o arte. Polo Samaín todo o alumnado posou no photocall que fixemos para a entrada do colexio.
.png)

