O alumnado de terceiro conmemora o Día de Rosalía recitando na nosa radio algúns dos seus poemas.
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
25/2/19
23/2/19
RECIBIMOS A VISITA DE ANXO FARIÑA
O mércores 20 os alumnos de 5º e 6º recibiron a visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña. O autor de "Os Megatoxos" faloulles do seu traballo, da importancia da imaxinación e abraiounos coa súa facilidade para debuxar. Ademais os rapaces aproveitaron para facerlle unha pequena entrevista en Radio Seara que podedes escoitar abaixo.
14/2/19
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O 13 de febreiro a UNESCO aprobou o "Día Mundial da Radio", xa que nese día de 1946 creouse Radio Nacións Unidas. O obxectivo da celebración deste día é concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, alentando a crear e ofrecer informacións a través dela asi como a mellorar as redes e a cooperación internacional entre organismos de radiodifusión.
Este ano celébrase co lema "Diálogo, tolerancia e paz" para facer fincapé no poder da radio para promover o entendemento.
A partir deste lema, e colaborando na Rede Espora con outros 14 centros escolares, participamos na gravación dun programa de noticias onde se contasen as novas que queremos escoitar e non as que día a día inundan os medios de comunicación. Así que collemos noticias reais dos medios de comunicación e cambiámolas para que fosen positivas e coa esperanza de que algún día sexan realidade.

11/2/19
5/2/19
RADIO NA BIBLIO
ESTE CURSO ESTAMOS DE NORABOA!
O noso centro foi un dos trinta seleccionados para integrarse no proxecto "Radio na biblio". Unha iniciativa do PLAMBE para crear un laboratorio creativo de aprendizaxes; promovendo a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo; permitindo o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e que o alumnado avance no desenvolvemento de competencias clave principalmente na adquisición das competencias mediáticas imprescindibles na sociedade actual.

Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Radio,
Radio na Biblio
4/2/19
3/2/19
2/2/19
1/2/19
XOGOS NA BIBLIOTECA
Ademais do xadrez de tódolos días, os martes e xoves son días de xogos na biblioteca. Animarvos a probalos!
Etiquetas:
axudantes biblioteca,
biblioteca,
Curso 2018-2019,
xogos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)