DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
18/5/26
A GALICIA MÁXICA CON SOLEDAD FELLOZA
14/5/26
LECTURAS COMPARTIDAS: CONTACONTOS
O alumnado de 5º curso de ED. Primaria foi ao longo destas últimas semanas (empezaron a Semana do Libro) a facer de contacontos a 1º de Ed. Primaria.
27/10/25
30/5/25
ANIMACIÓN Á LECTURA NAS AULAS DE INFANTIL
Durante este curso en Educación Infantil traballaron a animación á lectura a través da lectura de diferentes contos e con actividades relacionadas cos mesmos, tanto gráficas como expresivas. Abaixopodedes ver unha mostra dos traballos do alumnado.
25/5/25
KAMISHIBAI NA BIBLIOTECA
Como gozamos coa historia de Elefantita. Moitas grazas a Jacinto, o ilustrador do libro, e á profe Gemma.
3/5/25
PROXECTO POLO PEPE EN EDUCACIÓN INFANTIL
En educación Infantil fixeron un proxecto a partir dos contos que podedes ver na primeira fotografía. Chámase PROXECTO POLO PEPE VAI A ESCOLA, ANIMAIS DA GRANXA, EXPLORANDO COAS CORES.
30/4/25
CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA
O alumnado do colexio acudiu ao concerto da Escola de Música Municipal de Moaña "De que cor é un bico?", baseado no conto co mesmo título. Estivo xenial!
3/12/24
OLALLA, CONTOS CON OBXECTOS
Algunha vez se che pasou pola cabeza que tiñas obxectos na túa casa, na túa aula...cos que poderías acompañar ou crear marabillosas historias?
A Olalla si, e ensinounos a facelo!
26/10/23
CONCERTAZO "SUPERPODERES"
A pesares da chuvia, o alumnado que vai dende 4º de educación Infantil a 4º de Educación Primaria, gozou dun concerto didáctico organizado pola Escola Municipal de Música do Concello de Moaña e baseado no conto "Superpoderes".
3/3/23
VISITA DO HEMATOCRÍTICO
8/2/23
A QUE SABE A LÚA?
Durante varias sesións os alumnos de 2º de E.P. traballaron o conto “A QUE SABE A LÚA” realizando diversas actividades, que axudaron a favorecer o diálogo, promover as competencias persoais e sociais como a empatía, identificación/expresión emocional, o compañeirismo, o esforzo, o traballo en equipo, a creatividade…
Como actividade final fixeron un mural onde, “construímos” unha MONTAÑA DE AMIGOS para alcanzar un anaquiño de lúa e imaxinar a que sabería e que fariamos con ela. Todos decidiron: COMPARTILA
15/10/22
CONTOS E EMOCIÓNS: GARAVANCIÑO
En segundo están traballando as emocións a través dos contos. Con Garavanciño déronse conta do importante que é coñecerse e confiar nun mesmo.
1/6/22
CONCERTO DIDÁCTICO DA ESCOLA DE MÚSICA
30/4/22
CONCERTO "XIRAREI COS BOLECHAS"
O pasado 27 de abril tivemos en Seara un concerto de María Faltri para presentarnos o proxecto do Concello de Moaña "Xirarei cos Bolechas". O Concello xuntou a dez músicas e músicos vinculados con Moaña para que compuxeran cinco temas a partires do libro "Os bolechas van a Moaña".
Se pinchades no libro podedes ir á páxina onde están todas as cancións e os videos:
Neste video podedes ver o conto narrado:
E aquí podedes ver que ben o pasaron no concerto:
26/4/22
Creamos os nosos contos cos Story Cubes
17/12/21
9/6/21
ENCONTRO LECTOR CON LEDICIA COSTAS
Hoxe, o alumnado de 5º B tivo un encontro lector a través do Webex con Ledicia Costas, a autora do libro no que se mergullaron este curso "A señorita Bubble". Con ela falaron sobre os protagonistas da historia, compartiron opinións e puideron resolver dúbidas e preparar o camiño para a continuación desta historia tan divertida na súa segunda parte.
Moitas grazas Ledicia, por compartir con nós este momento!
7/6/21
HISTORIAS DE SEARA POLO ALUMNADO DE 1º
Os pequechos e pequechas de 1º teñen unha imaxinación extraordinaria, así que quixeron aproveitala para realizar entre todos un conto de creación propia chamado "Historias de Seara". Non só o escribiron e ilustraron, senón que ao igual que a eles lles gusta moito que lle conten contos, subiron á radio para gravalo e así poder contárvolo a todos vós.
O resultado é xenial. Escoitade, escoitade!
Parabéns polo traballo 1º!!
31/5/21
Itinerarios lectores 5ºB: A señorita Bubble
O alumnado de 5ºB está inmerso na lectura da Señorita Bubble de Ledicia Costas. Gustoulles tanto a historia desta fantástica inventora que crearon un mural para a súa clase con todo tipo de detalles que aparecen no conto. O resultado non podía ser máis chulo!
Parabéns rapaces/as!!













.jpg)


















