Aquí vos deixamos a guía didáctica: Os Bolechas. A lingua de signos. Esta guía foi creada coa finalidade de explicar a todos os nenos e nenas galegos que é a lingua de signos e a aprenderlles algúns signos básicos que
permitan un achegamento maior á comunidade de persoas xordas.
Os capítulos da coñecida
serie dos Bolechas están desde hoxe no Portal da Lingua Galega con
subtítulos en lingua de signos para resultaren accesibles a persoas
xordas ou con discapacidade auditiva.
Así,
avánzase un pasiño máis nunha das principais demandas das persoas con
discapacidade, que reclaman accesibilidade aos medios audiovisuais. Algo
especialmente importante na infancia para alcanzar os obxectivos de
calidade de vida e de plena igualdade de oportunidades.
Desde
hoxe todos os nenos e nenas poden gozar da súa serie favorita e aprender
coas aventuras de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa.
https://www.lingua.gal/recursos/para-medrar-en-galego/_/promovelo/contido_597/bolechas-lingua-signos